A asociación cultural San Gregorio de Paradela anunciou a programación das festas deste ano.

Escrito en Festas por meis o 17 de marzo de 2010

A degustación do bolo de Pascua será un ano máis o acto principal das festas de Paradela
Paradela comenza os preparativos da súa popular romería de San Gregorio

Apagón analóxico o 24 de Marzo en Meis

Escrito en Eventos por meis o 11 de marzo de 2010

A terceira e última fase do apagado analóxico comezará este mércores 10 de marzo en Galicia, rematará o vindeiro 2 de abril, e afectará a preto de 1.300.000 galegos. Co remate da fase III, que se desenvolverá nas áreas técnicas de Domaio (a maior parte de Pontevedra e cinco concellos da Coruña) e Páramo (a meirande parte de Lugo), todos os galegos terán acceso único á TDT.

As fases I e II do apagado analóxico realizáronse en Galicia do 18 de xaneiro ao 1 de febreiro e afectaron a 1.550.000 galegos, o 56% dos cidadáns da Comunidade, pertencentes a 203 concellos

Durante esta última fase de apagado analóxico, o Goberno galego seguirá a resolver as dúbidas dos cidadáns sobre a TDT a través do teléfono de atención 012. A Xunta de Galicia recomenda, ademais, aos cidadáns da Comunidade que non agarden ata o último día para adaptar a súa televisión á tecnoloxía dixital.

O día 24 apagarase o de Meis, que da servizo aos concellos de Meis, O Grove, Cambados, Ribadumia, Portas, Barro e Moraña.

Información recollida de aqui

Tucho da Raxadoira

Escrito en Personaxes por meis o 9 de marzo de 2010

MANUEL ANTONIO VÁZQUEZ REBOLO (1932-2008) “Tucho da Raxadoira”

Manuel Antonio Vázquez Rebolo, coñecido co alcume de “Tucho da Raxadoira”, naceu na Raxadoira (Paradela) o 2 de Novembro de 1932 e finou en Pedras (San Lourenzo de Nogueira), na casa dos seus sobriños, o 25 de Marzo do 2008. Foros seus pais Joaquin Vázquez Fernández e Elvira Rebolo Vila, labregos e veciños de Paradela.

Veciño de Outeiro (Paradela), de condición humilde, labrego de profesión e moi estimado polos veciños, foi un poeta autodidacta de Paradela. A súa obra coñecida está publicada nos libros de festas de San Gregorio de Paradela e nas follas “Caderno de Poesía Rural” do Centro Cultural de Romai (Portas) publicadas en 1992 por mor do Día das Letras Galega. Na súa meirande parte escribeu na lingua na que creceu e desenvolveu a súa vida, é dicir, en galego.

En “Cadernos de Poesía Rural” hai unha pequena entrevista na que se pode visualizar un pouco máis a forma de sentir que tiña o Tucho na súa poesía, reproducímola polo seu interese:

Tucho da Raxadoira, é decir, Antonio Vázquez Rebolo, naceu no ano 1932 en Paradela, á beiriña mesma do Umia. Preguntámoslle:

- Como se manifestou en tí a afición pola poesía?
Eu coido que dende que abrin os ollos. Cando aprendín a escribir xa empecei a plasmar no papel os meus primeiros versos que ainda hoxe gardo como ouro en pano.

- Somentes a poesía?
Non, a verdade é que fixen algo en prosa, unha obriña á que chamei “Xusta Vinganza”, pero debo admitir que gosto máis da poesía.

- Léndote pódese observar a profunda admiración que sintes polo femenino, Como é pois que ainda permaneces solteiro?
Ti xa sabes o duros que foron os tempos que, ós das nosas xeracións, nos tocou vivir; por outra banda ineludibles obligacións familiares atáronme moitos anos. Unha longa serie de acontecimentos encadeados que me impediron levar a cabo unha das aspiracións prás que coido estou mellor predisposto pola Natureza.

- Tamen amosas unha preocupación polo que agora se chama “terceira idade”…
Sí, é certo. Entenderalo moi ben se che digo que miña nai que morreu cando contaba 85 anos, pasou os 10 últimos practicamente na cama; algo paracido aconteceu co meu pai. Esa circunstancia fíxome comprender as moitas necesidades dos vellos e a súa tremenda dependencia física e psicolóxica.

- Nos teus poemas aparece, repetidamente, o nome de Carme, unhas veces, outras Carmiña. Que representa ou representou este nome pra ti?
Pois é unha muller polo que ainda hoxe sinto unha gran amizade e simpatía. Coñecina indo pra os Milagres de Amil e confésoche que cheguei a sentir un profundo afecto por ela; e como ti comprendes entre o profundo afecto e o amor hai moi pouca distancia. Se son sinceiro, repasando hoxe os versos que lle teño adicado, creo que estiven bastante namorado dela. Pero por razóns moi especiais que non son de caso, non se chegou a concretar en nada.

- E hoxe…síntelo?
É posible que sí. A verdade é que eran outros tempos, prexuicios…en fin todo se quedou nunha boa amizade que como che dixen antes persiste.

- Que aspiración conservas ainda hoxe que che gustaría ver cumprida?
Home, pois ver recollidos nun libro algúns dos centos de poemas que teño escrito ao longo da miña vida.

- Pois que se cumpran os teus desexos e moitas grazas pola túa colaboración

Lendo a entrevista e a obra deste poeta, un decátase e reafirma, que hai facultades do ser humano que son universais, como esa posibilidade que temos todos/as de expresarnos a través da poesía. É unha capacidade esta que non pertence a ninguén en exclusiva, que non se merca nin se vende, non é patrimonio dunha clase social, nin dunha lingua nin dunha caste. Son aptitudes que ás veces, como no caso de Tucho, xermolan e dóannos a posibilidade de deleitarnos cunha poesía que fala de problemas, que estaban, están e perdurarán despois de nós. Só fai falla alguén tan sensíbel coma este Poeta, que capte a súa esencia, a esencia do que lle rodeou, do que lle tocou vivir e sentir, e nolos devolva en forma de versos para o noso gozo.
Poderíase falar moito do Tucho, da súa decisión de escribir en Galego, da sensibilidade que tiña coa situación das muller e como o traduciu a poesía, ou de problemas tan eternos que seguemos a sufrir como é ter maiores ao cargo.

ALGÚNS DOS SEUS POEMAS

Adoración

Faladorías

Os vellos do Asilo e Sede de Amor

Pdt: Grazas a Pablo Lede Mouriño e a Xosé Antón Giráldez Roma pola información apañada para a realización deste artigo.

8 de Marzo

Escrito en Eventos por meis o 5 de marzo de 2010

A meisiña Pilar Xiráldez, Responsábel Comarcal da Area da muller do BNG

Artigo do Diario de Arousa (05.03.10):

O BNG do Salnés esixe á Xunta a posta en marcha de políticas “reais” en prol da igualdade entre homes e mulleres nos ámbitos económico, social e laboral. O responsable comarcal da formación, Xoan Antonio Allegue, compareceu onte acompañado por Pilar Xiráldez, portavoz da Comisión da Muller e por María Villaronga Chazo, de Galiza Nova, para presentar os actos previstos para conmemorar o oito de marzo.
A xornada principal pasarase para mañá, día no que o Auditorio Municipal acollerá, a partir das cinco da tarde, unha conferencia da deputada nacionalista Ana Pontón que estará amenizada pola actuación de Rosa Leiro e o pianista Juan Carlos Cambas.

Con este acto, desde a delegación comarcal do BNG pretenden unir a conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora e do cento cincuenta cabodano do pasamento da poetisa Rosalía de Castro, “precursora da reivindicación das ideas nacionalistas e de igualdade”, asegurou Xoan Antonio Allegue.

A campaña deste ano leva o lema “Pola igualdade real: Decidindo por nós mesmas”, e desde a delegación comarcal insisten en que a actuación non se limita a unha soa xornada senón que “é unha loita continua e para iso se constituiu a Comisión Comarcal da Muller”, explicou Xiráldez.

Un século sen cambios > A edición do 2010 da conmemoración do oito de marzo é a número cen desde que se celebra oficialmente esta data. Aínda así, dende o BNG do Salnés denuncian que a situación non cambiou moito neste século. “As necesidades de partida seguen sen estar resoltas”, denuncia Xoan Antonio Allegue. Neste senso, María Villaronga, de Galiza Nova, asegura que a situación de crise actual está a afondar todavía máis a discriminación da muller.

“Máis da metade dos desempleados galegos son mulleres e o 25% son menores de trinta anos”, explica a responsable das mocidades nacionalista.

Ademais, aquelas que conseguen traballo tamén se ven afectadas pola discriminación. “Os salarios son ata douscentos euros máis baratos e os contratos temporais seguen a ter rostro feminino”, asegura Villaronga. Por todo elo, fai un chamamento á mobilización da sociedade arousana e, en concreto, das mozas, “as maiores vítimas da crise”, apunta.

Propostas >A delegación comarcal do BNG piden á Xunta de Galicia a posta en marcha de medidas en clave de xénero, coma a elaboración dun Plan Galego de Emprego en calve de xénero que inclúa medidas que favorezan a incorporación da muller ao traballo renumerado, que garanta o principio de a igual labor mesmo salarioe que incorpore liñas específicas para atallar a discriminación nos ámbitos produtivos con amplia presencia femenina (labregas, redeiras, mariscadoras).

Por outra parte, os nacionalistas tamén esixen á Xunta que poña fin ao proceso de desmantelamento dos servizos sociais públicos, demandando a provisión con carácter público de novas prazas de escolas infantís, centros de día e residencias, así coma a posta en marcha dun sistema de canguros. Neste senso, desde o BNG do Salnés sinalan como moi negativa a supresión dos equipas de I+B ou as limitacións da actuación dos Centros Quérote.

Outra dos reproches que fan desde o BNG á Xunta é “a relaxación do goberno galego no desenvolvemento das medidas previstas na Lei Galega contra a violencia de xénero.

Outras ligazóns: A deputada nacionalista Ana Pontón falará mañá no auditorio sobre a muller

Nova publicación do boletín do BNG

Escrito en Revistas e Folletos por meis o 28 de febreiro de 2010

Nova publicación do boletín do Bloque Nacionalista Galego do Concello de Meis, coa análise da política municipal,as súas achegas á mesma e un interesante artigo sobre a defensa da lingua Galega.
Podedes ler a publicación dende o blogue premendo aquí: boletín-meis-xaneiro-2010

Mercado do Mosteiro

Escrito en Fotos por meis o 27 de febreiro de 2010

Foto realizada, aproximadamente, nos anos 50 do século pasado no mercado do Mosteiro. Só identifico a Raimundo Douterelo, no centro da foto. Se cadra, alguén me pode axudar a identificar ao resto.

Para ver mellor a foto, premer enrriba dela ou premendo aqui Foto Mercado Douterelo

A Lingua Galega: Evidencias e Necesidades

Escrito en Eventos por meis o 25 de febreiro de 2010

A escritora e profesora da Unversidade da Coruña Mª do Pilar García Negro dará unha charla sobre a lingua galega: evidencias e necesidades.

O Venres 26 de febreiro na Expo-Salnés de Cambados ás 20:30 h.

Casa da Cultura de Paradela

Escrito en Fotos por meis o 23 de febreiro de 2010

“Casa da Cultura de Paradela” nos anos 50 do século pasado…

IV Certame de poesía Xosé A. Barral

Escrito en Cultura por meis o 23 de febreiro de 2010

Ábrese o prazo para presentar traballos ao certame de poesía Xosé A. Barral. Pode participar todo o alumnado da E.S.O. e do Bacharelato. Convoca a Concellaría de Cultura do Grove, o equipo de normalización lingüística das Bizocas e o IES Monte da Vila. Pódense consultar as bases a través da páxina web do Concello do Grove.

Os traballadores de Industrias Carballo inician unha folga polos salarios pendentes de cobro

Escrito en Sen clasificar por meis o 23 de febreiro de 2010

Fonte da fotografía: La Voz de Galicia


Os traballadores de Industrias Carballo inician unha folga polos salarios pendentes de cobro
Os traballadores de Industrias Carballo van á folga ao acumular 3 nóminas sen cobrar
O persoal de Industrias Carballo seguirá en folga ata que lles paguen