O CONCELLO DE MEIS OU COMO FACER AS COUSAS MAL. CAMPO DE O LEIXO

Abril 30th, 2015  |  Published in| the_category Sen clasificar

11130093_10204235713749909_6106281273298180311_n

Parece ser que o alcalde de Meis pensa que somos todos parvos. En vez de solucionar dunha ver por todas o lamentable estado do campo de fútbol o que se lle ocorreu desta volta foi pasar unha niveladora e botar unha area que nin serve para xogar ao fútbol!

o leixoo leixo2

Como podedes ver nas fotos, este é o aspecto que presenta o campo despois das “supostas” reparacións do concello. Coa auga que está caendo hoxe xa está impracticable, coa terra enlamada e co risco de esbarar e romper algo.

O alcalde de Meis minte, engana aos veciños e rise da xente da Armenteira. No canto de arranxar os espazos públicos da parroquia gasta o diñeiro de todos en facer pousadas para agasallalas despois aos seus amigos. Estas son as promesas que fai o alcalde, e estas son as consecuencias que temos que sufrir os veciños. Estamos fartos desta situación, e esiximos ao alcalde que dea unha solución xa ao campo de O Leixo

POR UN CAMPO DE FÚTBOL DIGNO NA ARMENTEIRA

Abril 26th, 2015  |  Published in| the_category Sen clasificar

11130093_10204235713749909_6106281273298180311_n

O pasado Martes entrevistaban a Martín Casais, coordinador y vicepresidente do Armenteira C.F. en Arousa Radio en el programa deportivo Arousa Deportes de la emisora Arousa Si Radio-Radio Salnés.

Na entrevista denúnciase o lamentable estado do campo de O Leixo, onde o equipo de fúbol do Armenteira C.F. ten que xogar todas as semanas.

AUDIO DA ENTREVISTA

martín casais, videpresdente armenteira

Nela podemos escoitar algúns dos problemas que xa denunciaramos noutro artigo hai pouco tempo: campo impracticable, recinto aberto no que campan as súas anchas os cans abandoados da Canceira da Deputación, barandillas oxidadas, cableado defectuoso, e un longo etc. Desde aquí apoiamos a loita destes rapaces por un campo digno para que @s nos@s nen@s da Armenteira podan xogar ao fútbol nun campo adaptado as súas necesidades e sen perigos como o resto d@s nen@s da comarca.

Desde Meis Caderno de Bitácula: MOITO ÁNIMO

A denuncia das irregularidades do censo unha cuestión valente que honra ao BNG

Abril 23rd, 2015  |  Published in| the_category Política

vecinos-meis

Qué opinamos nós sobre a denuncia que fai o BNG das irregularidades (que o señor alcalde non nega) do censo de Meis? Resulta que a Xunta Electoral borrou do censo 38 persoas que o alcalde tiña empadronadas ilegalmente, co resultado de que o censo de Meis baixa ata os 4995 habitantes.

1. A esta situación chégase pola INCOMPETENCIA dun alcalde que despois de aprobar un PXOM, de ter un polígono industrial, do campo de golf da Armenteira, etc non é quen de atraer xente ao noso concello.

2. Isto xa se coñecía que era unha práctica habitual do alcalde pois hai anos xa foi denunciado nos medios polo mesmo BNG, desta volta semella que a Xunta Electoral foi incapaz de ocultar por máis tempo este delito.

3. Meis non cobre necesidades básicas importantes: as depuradoras non funcionan, falta un centro de día para os nosos maiores, máis servizos de gardaría, redes de saneamento, etc. Isto fai que os nosos veciños se empadronen noutros concellos nos que si poden desfrutar deles.

4. Do único que pode presumir o actual alcalde de Meis é de subir as taxas e os impostos facendo que a xente fuxa de Meis.

5. O alcalde de Meis MINTE unha vez máis, segundo el dixo na prensa o Concello recibe 3000 € por familia ao ano, polo que o noso concello recibiría máis de 6 millóns de euros. Que máis quixeramos!!! Unha de dúas, ou minte ou está roubando moitos millóns…

6. O alcalde é consciente que comete unha ilegalidade e xustifícala. Xa houbo un alcalde condenado por encher o censo con 73 persoas, cunha inhabilitación absoluta de 5 anos por delicto electoral. Trátase de Manuel Cendán, ex alcalde de Ares e do Partido Popular.

7. Con todo isto, o noso concello ten en nómina a un dos alcaldes mellor pagados de Galiza e con secretaria particular que pagamos todos e todas.

8. Son os cargos públicos os primeiros que teñen que dar exemplo, mais o que agocha todo isto é o FRACASO ou mesmo o DESGOBERNO existente en Meis.

9. Sabemos que o PSOE de Meis era tamén consciente deste delito e parécenos vergoñento que non se sumara ao BNG para denunciar esta situación. É unha cobardía quedarse ao marxen e non mollarse, se isto é o que van facer sempre respecto aos problemas de Meis xa sabemos que esperar deles.

Desde Meis Caderno de Bitácula, como ven sendo desde o seu comezo na crítica á xestión municipal do PP, aplaudimos a decisión do BNG no noso concello, nada fácil mais necesaria por rexeneración democrática.

O BNG denuncia presuntas altas fraudulentas no censo electoral de Meis

Abril 13th, 2015  |  Published in| the_category Política

ALCALDE O BNG pide a impugnación do censo electoral do Concello de Meis logo de que a Oficina do Censo Electoral incluíra este municipio na lista dos que rexistraron un “incremento de residentes significativo e non xustificado” nos seis meses anteriores á convocatoria das eleccións municipais de maio.

Segundo a información que facilitan dende o BNG, despois desa situación detectada pola Oficina do Censo Electoral o Concello non deu axeitadas explicacións para estas variacións na poboación censada, de modo que presentaron un escrito de impugnación na Oficina do Censo Electoral de Pontevedra.(…)

O Soldo dun alcalde que non o merece

Abril 8th, 2015  |  Published in| the_category Política  |  1 Comment

Meis é un pequeno concello de Galiza, cun orzamento cativo. Mais o noso alcalde ten un dos soldos dos máis elevados do territorio galego. Se cadra, o merece polo seu traballo durante todos estes anos?.

Unha vergoña!

galicia

FONTE: La Voz de Galicia

LAMENTABLE ESTADO DO CAMPO DE FÚTBOL DA ARMENTEIRA “O LEIXO”.

Marzo 29th, 2015  |  Published in| the_category Política

CAM00330

O BNG de Meis, tras reunirse onte con representantes do equipo de fútbol Armenteira F.C. quere denunciar o lamentable estado no que están as instalacións deportivas coñecidas como “O Leixo”. Como podedes observar nas fotografías que nos mandaron as porterías están oxidadas, así como as barandillas, que están rotas e da pena velas. Ademais, parece ser que como teñen a canceira moi preto deles os cans abandonados moitas veces campan as súas anchas polo campo, podendo ser perigosos e facerlle dano a alguén, así como causar enfermidades xa que poden morder, mexar e cagar polo campo de fútbol. E xa postos, vemos como o concello contribúe ao feismo nacional utilizando como porta un somier!
Como sempre, o noso alcalde pasa de todo o que non dea cartos ou votos, xa que nos parece unha vergoña que os nen@s da Armenteira teñan que xogar ao fútbol nun sitio así.

CAM00345
CAM00334CAM00333

A ASOCIACIÓN O XARAMELO ORGANIZA A III FEIRA DE TROCO DE SEMENTES PRODUTOS ECOLÓXICOS E ARTESANAIS

Marzo 27th, 2015  |  Published in| the_category O Xaramelo

xaramelo logo
CARTAZ FEIRA DE TROCO 2015

O Xaramelo organiza a terceira feira de troco de sementes e mercado de produtos ecolóxicos. Trae as túas sementes para trocar e anímate a pasar o día con nós!
Data: 12 de Abril, Praza da Feira do Mosteiro. Todo o día. Apertura mesa de troco, ás 10.00
Tamén haberá tres charlas, este ano centrarémolas no monte en man-común
Comezo das charlas, ás 18.30(continuadas, 1h.aprox. cada unha )
-Sobre a nova lei de montes.
-Proxectos alternativos ao cultivo de eucalipto(cogomelos, mel, turismo, gando, etc).
– O silvopastoreo con porco celta
Haberá tamén concurso de carteis para nen@s,(só pola mañá) categorías:
De 0 a 6
De 7 a 12
De 13 a 17.
A feira ten como obxectivo recuperar variedades de sementes locais e fomentar o troco gratuíto entre cultivador@s. Para quen non trae sementes o Xaramelo regálallas, pero observamos que na pasada feira houbo máis xente que levou da que deixou. Agradeceríamos o esforzo de traer sementes de cultivos propios, senón isto non funciona. Teñen que ser sementes colectadas na casa, non vale mercalas.

Pedra da Reverencia (Zacande-Nogueira)

Marzo 26th, 2015  |  Published in| the_category Cultura

Unha pedra con tradición na freguesía de San Vicente de Nogueira, concretamente no lugar da Rochela. Pedra ligada ás procesións e de obrigada parada no pasado do noso concello.

Familia Puceiro

Marzo 19th, 2015  |  Published in| the_category Familias de Meis

Busco información sobre mi abuelo Faustino Puceiro y su familia. Vivían en Silván Meis, Pontevedra. Mi abuelo emigró hacia la Argentina en septiembre/octubre de 1920 desde Puerto de Vigo. Nacido en el año 1902. Su madre se llamaba María Doval y su padre Francisco Puceiro SILVIA PUCEIRO silviapuceiro@hotmail.com

“San Martiño de Meis. Unha freguesía rural”

Xaneiro 15th, 2015  |  Published in| the_category Libros

hERNANDO San Martiño de Meis foi concello e tivo feira de gando antes que Mosteiro. No monte dá Capela existiu unha ermida dedicada a San Benito da que hoxe só quedan os alicerces. E os Caamaño que aínda viven na parroquia descenden dos “montañeses”, que é como se coñeceu no seu día aos veciños da zona de Arzúa (A Coruña) que se estableceron neste lugar de Meis…

Tres detalles que o profesor xubilado e historiador Hernando Martínez Chantada recolle en “San Martiño de Meis. Unha freguesía rural”, un libro no que fai un amplo repaso á historia, a xeografía, a arte e os costumes da súa parroquia natal.

Hernando Martínez Chantada, de 74 anos, está afincado en Ribadumia, pero naceu en San Martiño de Meis, concretamente no lugar Das folgueiras, así coñecido pola existencia de grandes “folgueiras” (fentos) que crecían ás beiras dun regueiro. A súa casa natal aínda segue en pé, aínda que convertida agora nun establecemento de turismo rural.

Hernando Martínez concibiu a idea de escribir un libro sobre San Martiño de Meis despois de xubilarse, aínda que inicialmente os seus propósitos eran outros. “Quería investigar as miñas orixes, sobre os meus antepasados, pero despois vin tanta riqueza de documentación que decidín escribir sobre a parroquia”, explica o autor. “San Martiño de Meis. Unha freguesía rural” é o resultado de varios anos de arduas investigacións. O autor viaxou ata en 60 ocasións a Santiago de Compostela para mergullarse nos arquivos diocesanos que se custodian no mosteiro de San Martiño Pinario. Outra das súas fontes foi o prolixo Catastro da Enseada, ao que accedeu no arquivo provincial de Pontevedra.

O documento máis antigo que tivo diante no que se menciona a San Martiño é de 1582. Trátase dun escrito sobre as demarcacións territoriais da parroquia. Martínez Chantada encontrou outros dous documentos de demarcación posteriores (de 1890 e 1939) e comprobou que, curiosamente, a extensión e os límites de San Martiño non variaron nin un ápice en case catro séculos. Este é outro dos datos que o autor achega nesta obra, que xa está en imprenta e que editará o Servizo de Publicacións de la Diputación de Pontevedra. “Recorrín á Deputación porque me gustaría que todos os veciños de San Martiño coñezan a historia, a xeografía e a etnografía da súa parroquia”.

O Nazareno

Hernando Martínez Chantada recompila na súa obra unha inxente cantidade de información. Fala por exemplo do oratorio do Nazareno, onde aínda a día de hoxe se fai unha festa en agosto. O autor está convencido de que a tradición procede da Pobra -onde o Nazareno preside a sobrecolledora procesión dos ataúdes-, pois o oratorio se encontra no interior da propiedade dunha familia con lazos coa vila barbanzana.

O autor menciona tamén a capela de San Benito. Salvo os alicerces da devandita construción, o único que se conserva desta é unha pequena imaxe de pedra do santo que hoxe en día está na parte traseira da igrexa parroquial, ao lado dunha Madalena.

Chantada publicou antes outros títulos, como “Vos curas de Ribadumia” -que recolle os sacerdotes que pasaron pola parroquia dende 1600- ou “O foro de Rabuñade”.

FONTE: FARO DE VIGO