Vito Barreiro Fontenla

O médico Vito Barreiro naceu no concello de Campo Lameiro aproximadamente sobre 1861, se temos en conta un documento de 1902 na que se afirmaba que tiña 41 anos. Exerceu a súa profesión da medicina en Meis, sendo veciño de San Vicente de Nogueira, onde viveu na Casa de Modesto «O do Cregho».

A importancia deste doutor está nos seus numerosos traballos sobre medicina que realizou ao longo da súa vida. Algúns apontamentos sobre a súa biografía:

1900: Jroy-ictu de bases para la formación de una Ley de Sanidad civil ú Organización
del Cuerpo de Sanidad civil, por D. Vito Barreiro Fontenla. Gaceta Médica Catalana. No mes de Outubro mantivo un debate xornalítico desde o xornal pontevedrés católico “El Áncora” co director do Diario de Pontevedra e meisiño de nacimento e orixe Prudencio Landín. O conflito tivo a ver coa autopsia dun asasinato en Meis realizada por Vito e das que Prudencio non estaba de acordo.

1901: É denunciado nunhas eleccións municipais no distrito de Nogueira por ameazas e haber acudido polas casas xunto co cura, Cástor Oubiña Montenegro, para apoiar á candidatura presentada por Ramón Outeda Fernández, Benito Vázquez Outeda e Andrés Ares Fariña en contra da presentada por Segundo Vila, José Mª Salgueiro e Ramón Muíños Sisto. A denuncia foi presentada por este último, pero a Audiencia desestimouna e declarando válidas as apoiadas por Vito e Cástor. Isto fai pensar que estaba encadrado dentro do Partido Conservador.

1902: O 22 de Outubro escribe en Meis un artigo sobre a reforma dos Colexios de Médicos e Farmacéuticos. Sería publicado tempo despois no Diario de Pontevedra do 1 de Agosto de 1904. Aperece como Médico de Beneficencia Municipal de Meis.

1905: Secretario da Asociación de Médicos do Partido de Cambados.

1906: Recibe un premio nos xogos florais de Ourense, o tema foi un traballo titulado “Para desterrar o caciquismo en Galicia”.

1907: O xornal «El Umia» do 21 de Febreiro: «O noso prezado amigo D. Vito Barreiro, Médico titular do Concello de Meis, que tantas veces veu premiado os seus traballos literarios e científicos, aumentou a listaxe cunha medalla de ouro que lle foi otorgada por un traballo sobre a <> en recente certame celebrado en Barcelona. Os nosos máis sinceros parabens.». Este traballo foi premiado pola Real Academia de Medicina de Barcelona pola súa ponencia sobre a “Organización Sanitaria Española”. En Maio dese mesmo ano é nomeado vogal da Xunta de Goberno do Colexio Médico de Pontevedra.

1908: Falece a súa nai Mª Carmen Fontenla Ferrín en San Vicente de Nogueira, sendo soterrada en San Cristobo do Couso (Campo Lameiro). Celebráronse honras fúnebres en San Vicente e na freguesía de San Miguel do Campo (Campo Lameiro). Finou aos 82 anos, era Mestra Xubilada de 1ª Ensinanza e decana até eses intres na provincia de 1ª ensinanza.

1909: Realiza unha memoria que é exposta na cidade de Santiago de Compostela durante o Congreso Médico celebrado no mes de Novembro sobre o intrusismo médico. Nun artigo de prensa recolle ademais que era tamén Mestre de 1ª Ensinanza.

Vito Barreiro foi unha persoa conservadora en política, aínda que non se opuso á formación da primeira sociedade agraria de Meis, criticou que a Unión Republicana celebrase a creación da mesma en 1897.

Faleceu a finais de decembro de 1910 en San Lourenzo de Nogueira, sendo soterrado no adro da igrexa de San Vicente de Nogueira, perto da porta principal.