Castelao e Meis

 afonso_castelao.jpg

A figura do egrexio nacionalista galego Afonso Daniel Rodríguez Castelao tivo ao longo da súa vida unha teima simpática coa lenda de San Ero, ainda que tamén era un gran coñecedor do mosteiro da Armenteira. Algunhas referencias escritas:

“(…)Para ensoñar mundos de absoluta felicidade, libre da carne mortal que afoga a vida dos vellos, eu séntome á beira do río Lérez. Pouso os meus pensamentos na seda das súas augas, como as ponlas caídas das árbores que dan sombra. E estou alí horas e horas, ensumido en min mesmo. E deste xeito participo da ledicia de San Amaro cando estivo trescentos anos axexando o Paraíso a través dun buratiño dunha porta. Ou como Don Ero, o fundador de Armenteira, que tamén estivo trescentos anos escoitando a un paxariño(…)” <<Buenos Aires, 1942>>

 Co Mosteiro da Armenteira:

Camiño esquecido que xa non va¡ a ningures. Un camiño calzado de pedra, inzado de silvas ensarilladas e de ortigas arnaes, que se perde na boca moura dunha congostra. Eu sempre perguntaba a miña avoa: ¿Onde va¡ da-la “verea vella”? E miña avoa respondíame con certo mistéreo: “Non vai a ningures, meu meniño”. Aquela “verea vella” turraba por min e, cando me fixen home, arrisqueime a pasala. E máís alá da medoñenta congostra topeime cunha aldea sen xente. Casales de boa pedra, lagares que lembran fartura, trabes apodrecidas, moreas de tella; todo va¡ amortaxado con edras, silvas e loureiros, e por riba daquela vizosa vexetación, as follas amarelas e vermellas dunha viña sen froito. Debaixo dunha nogueira seca senteime a debullar sentimentos que aínda hoxe están alí en espera…Cando volvín á casa escoitei de miña avoa a hestoria da aldea esquecida. Foi que os do lugar, armados ladróns, roubaron o mosteiro de Armenteira. -Agardando o intre do reparto da riqueza, o capitán enterrouna en sitio segredo; mais ó seguinte día o capitán apareceu morto no seu leito e nunca máis se soupo do tesouro. Dende aquela todas foron desgracias. Morrían as xugadas, merábanse os froitos, morrían entangarañados os rapaces, secábanse as fontes. Para escorrenta-lo mal fado ergueron cruceiros a eito. De nada valeu nada. No remate sóupose todo e aínda hoxe o lugar está illado das xentes de ben“. <<Camiño Esquecido, Cousas>>

Castelao estivo en Meis, a súa presenza está acreditada na súa viaxe pola país e polas dúas cruces da Armenteira que debuxou no libro “As Cruces de Pedra na Galiza”. Hai anos lera algo sobre Castelao narrando o seu paso por Meis, engadireino a este artigo cando o atope entre os moitos papeis que teño sobre o concello.

A súa última andaina polo concello debeu ser o 16 de Novembro de 1935 nun mitin do Partido Galeguista que anunciou o xornal nacionalista A Nosa Terra a celebrar no Mosteiro e na que estaba previsto as intervencións de Castelao, Alexandre Bóveda e Victor Casas, istos dous asesinados en 1936 polos rebeldes franquistas. Deste evento político do PG non quedan nen testemuños orais nen escritos.

Castelao tivo como amigo a José Arcos Moldes (ainda que natural de Outeda-Curro, era oriundo por liña paterna de San Tomé de Nogueira) co que participa en Rianxo en “El Barbero Municipal” en 1910. Ademais, coincideu e coñeceu na súa estapa no Seminario de Estudos Galegos co arquitecto meisiño Robustiano Fernández Cochón e gardou amizade co pintor Manuel Pesqueira.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/TLCJjTDJJLk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]