Ana de Castro

Bruxa

ANA de CASTRO (Século XVII)

Ana de Castro naceu na Armenteira e foi famosa por ser procesada por bruxaría o 1 de xullo de 1626 e outra por volta de 1656. Representa xunto con María Soliña, Lucía Fidalgo e María Rodríguez unha das meigas máis famosa de Galiza.

Ainda que non se sabe ben quen foran os seus pais é posíbel que se tratase dunha muller orfa e abandonada da que a sociedade non tratou de coidar e recuperar. A beleza de Ana de Castro foi, se cadra, un dos seus piores inimigos. Semella que o Comisario de Cela, nun mal de amores, denunciouna por bruxaría.

Do primeiro proceso foi castigada con 100 azoutes administrativos en público, mais a finais do ano seguinte volveu ao cárcere. 26 testemuñas acreditaron que era feiticeira e adivinadora, que por esas artes curaba enfemidades, que era muller de Satanás, que tiña trato co Demo e que afirmara diante de varias persoas que podía, quen fora a confesarse, calar calquer pecado e confesalo despois ao pé dun carballo.

Para algunhas persoas este feito ten un significado pagano e achegado ao priscilianismo que o leva a nosa cultura celta, herdeira dos druidas, e a súa predilicción co carballo como árbore sagrada, xunto ao cal ian preparar o seu exorcismo.

En 1626 era ainda unha rapariga solteira que vivía na Armenteira. Unha das testemuñas declarou que fora a consultarlle a Ana de Castro o paradoiro duns leitóns que lle roubaran e a “meiga” tomara un vaso de cristal con viño e auga e, dándolle a volta ao vaso, chamou pola persoa que a consultaba mostrándolle dentro do vaso a un dos leitóns, asegurándolle que ainda estaba vivo.

As testemuñas denunciaron outros “delitos” que a detida no confesou nin siquera baixo tortura. Só autoinculpouse de curar algunhas persoas invocando a Xesucristo con estas palabras “Xesucristo foi bautizado no río Xordán, San Pedro e San Xoán tivérono pola man; ansi destos males se xafan pola gracia de Deus e da Virxe María, Pater Nostrer e Ave María”

Declarada feiticeira, adivinadora e embustera foi condeada o 14 de outubro de 1626 a sair, vestida con hábito de penitente de media aspa, a un auto de fe onde se lle deu sentenza e consisteu en duoscentos azoutes e desterro da Armenteira e de Santiago durante 6 anos. A execución da sentenza tivo lugar o 6 de decembro dese mesmo ano nunha misa maior, montaba nun burro e azoutada mentres percorría a cidade de Compostela.

Anos máis tarde casaría con Benito de Graña, marchando a vivir a Pontevedra. Durante a visita do inquisidor Juan Rojo en 1651 a esta cidade foi apreixada de novo por reincidir como feiticeira. Roubáronlle as súas propiedades e voltou de novo ao cárcere, onde foi torturada de novo e condeada a douscentos azoutes e ao desterro de Galiza durante 10 anos.