Un video sobre O Mosteiro

Setembro 14th, 2008  |  Published in| the_category Ecoloxía, Historia  |  3 Comments

Estamos a piques de entrar no Outono e aqui amoso un video que atopei en internet con imaxes do Mosteiro. Imaxes da praza de España, ainda que coñecida popularmente como “Campo da Feira”.
Apenas quedan vestixios dun dos eventos mais importantes da historia como foi a Feira do Mosteiro. O PP e a dereita de toda a vida cubre, unha vez máis, un tupido velo para nos esquecer da nosa historia.

MÁIS SOBRE A FEIRA DO MOSTEIRO

Acudían xente de todolos arredores. Viñan tratantes de Caldas de Reis, Padrón, e sobre todo de Valga, moitos deste último concello viñan polas vacas paridas. Tamén de Moraña, Meaño, entre outros. Da veciña Ribadumia, viñan moitos gandeiros de Leiro, que abastecían a feira de gando de matar, que era a sua especialidade. Logo empezaron a vir tamén, cando o auxe da vacas de leite, os de Santiago e sobre todo os de Carral.
Chegaron aló polo 1936 as primeiras vacas “holandesas”, que viñeron desde Santander, e así foron tomando o lugar das de raza (castañas) que até o de aquela tiñan a exclusividade nas nosas aldeas e nos nosos campos.

“Os Carromateiros”
Os carromateiros eran do Carballiño, viñan con carromatos nos que traían viño do Ribeiro, castañas, noces, para Cambados, por exemplo. Cando se levaban polvo seco e repolos para prantar. Disto hai entre 110 e 120 anos (de feito algunha veciña de Meis seria afillada do carromateiro “O señor Ricardo, o das Correas”.

“Os carneireiros”
Os carneireiros eran de Ourense e viñan polo Salnés a mercar gando lanar. Pasaban por esta zona unha, dúas ou tres semanas, e ás veces un mes. Durmían na Rochela, en Zacande-Nogueira. En Padrenda (Meaño) na de Marcelino, en Vilalonga (Sanxenxo) na de Juan Torres. Compraban o gando polas casas e tamén na feira de Meaño e do Mosteiro.
O gando que mercaban nas casa despois a xente traíallo á Rochela o día 13 ou o 29. Xuntaban o gando o 13 porque ese día era feira en Meaño, e mercaban tamén alí, e traían o gando a pé até Zacande. Logo o 15 era feira en Pontevedra e ían o día 14 andando con todo o gando até alá, e metíano nos vagóns. Compraban en Pontevedra na feira do día 15 o gando que precisaban para completar os vagóns e xa saía cara Zaragoza e Barcelona, sobre todo.
A época mais forte era de Outubro a Marzo, pois despois o mercado que eles cubrían xa era abastecido por Extremadura, a partires da primavera.

Responses

  1. Arturo says:

    Setembro 14th, 2008 at|comment_date at comment_time 16:24 (#)

    Notase que os do Bloque conocedes o Concello que é para alucinar.Certo é que tendes un interés pola historia deste pobo que me deixa abraiado.Non vos merecemos, ou mellor dito , sodes merecedores de tela oportunidade de gobernar este Concello polo menos unha lexislatura, pois é innegable o cariño que amosades por Meis. felicitacións pola recuperaciuón da nosa historia e polo esforzo que poñedes en non perder as nosas raíces.
    Dame que estas recopilacións históricas parten da voceira do Bloque, ainda que supoño que estaredes todos neso. Felicidades de corazón e moitas gracias . Xa me din conta que cando fixeron os da feira a feira Labrega, todo o que poñía no folleto era sacado do voso boletín do Bloque, era un calco do voso traballo.Tendes que estar moi orgullosos de que esa asociación use os vosos boletíns para as súas actividades. Non desfallezcades e moito ánimo. Apertas para todos.

    Un veciño de Meis que vive en Cataluña.

  2. ROSIÑA says:

    Setembro 15th, 2008 at|comment_date at comment_time 22:56 (#)

    Notase ben que vives en Cataluña porque non te enteras de nada meu. O concello de Meis vai a pique. Da famosa feira do Mosteiro non queda nin a sombra, e no teu comentario a verdade é que non dis nada de nada; intentas infravalorar ou ridicularizar unha reseña histórica da famosa feira do Mosteiro para tapar a vergoña de corporación que temos, que non están a facer máis que enche-lo peto e deixar ó concello embargado de por vida. Os da feira labrega conseguiron a información toda no profesor Mario, que é o que máis coñece deste concello sen nin sequera vivir nel. Ti que tanto lle queres, por que non te adicas a investigar e dar solucións ós teus amigos do PP? Hai que roelos!!!

  3. Peroxa says:

    Setembro 29th, 2008 at|comment_date at comment_time 17:50 (#)

    O artigo está bastante ben, pero o video é patético, ben poderíades dedicarlle un pouco máis de atención ao traballo visual, habñia ben tempo que non vía un vídeo tan mal feito.