A fábula do Emperador espido

Setembro 2nd, 2008  |  Published in| the_category Sociedade  |  16 Comments

Nun país lonxano, o seu monarca enterárase que uns famosísimos xastres estaban de paso polo seu reino. Sen perder tempo, convocaos para que lle confeccionen a súa mellor indumentaria. Os xastres, logo de disfrutar un bo tempo os beneficios que lle brinda a vida na corte do Emperador, comunicanlle que remataran seu traballo e anuncian a quen quera escoitalos que confeccionaran para o Emperador o traxe invisíbel máis fermoso do mundo, tan fermoso que “só os parvos non poden velo”.
Proceden entón a quitarlle a roupa ao Emperador e mediante aparatosos ademáns colócanlle o novo traxe invisibel. Por suposto que o monarca se ve desnudo, mais non o recoñece porque non quere aparecer como un tonto fronte a tan famosísimos xastres.
Convoca entón aos seus colaboradores, a quén lles pregunta pola beleza do seu traxe. Superada a sorpresa de ver ao Emperador en coiros e enterados que semellante traxe é tan fermoso que “só os tontos non poden velo”, toda a súa corte acreditan que o traxe é o “máis fermoso do mundo”, o cal convence definitivamente ao monarca e os xastres seguen a súa viaxe cun suculento pago polo seu traballo, deixando ao rei e a súa corte moi satisfeitos e agradecidos. Así o Emperador paseaba espido polo seu palacio lucendo o traxe invisíbel, o mais fermoso do mundo.

Un día decideu que o seu pobo merecía tamén disfrutar a fermosura do seu traxe e sae do palacio para percorrer o seu reino. O pobo mirao en coiros, mais polo medo a contradecilo, non din nada. Até que un inocente rapaz descubreo e berra:

“¡O Rei está en “pelotas”!”

E todo o mundo decatouse do engano.

Despois da parafernalia que o PP montou en San Martiño no que, seica, estiveron moitas persoas na inaguración da aldea de pedra, as rutas auga e da pedra, decidin escriber esta fábula no blogue e sen quen nenguén se sinta ferido polo que vou dicir teño que comentar que me lembra como alguns por non parecer tontos, autoconvencense e rematan por asumir o discurso e ideas duns, sen parar o que están asumindo.

Un amigo comentábame que “O caso é que o rei cometeu unha parvada, está nun erro, mais é o emperador, o emperador non pode ser tonto de deixarse enganar. Dan, polo tanto, a razón ao monarca, e este síntese máis arroupado amosando as súas vergoñas sen pararse a pensar que fai o ridículo pola corte, ainda que, o ridículo é imposíbel, todos están convencidos que existe un traxe e todos esfórzanse por miralo, por non quedar atrás.”

Seguía relatando que para el era “curioso que cando un político dí unha barbaridade, saltan os seus fervorososos partidarios a defendelo a darlle incluso a razón ou a matizarlle”.

O meu amigo pensa que non temos que seguer o mal exemplo da corte e o pobo cos nosos políticos, en ocasións é mellor dicir o que nos parece aos nosos políticos, sempre desde o respecto e con sana discrepancia, como persoas civilizadas”.

Pois en base a isto, eu quero afirmarme que a Aldea de Pedra que se fixo no Caxín é unha auténtica HORTERADA, que non pega nin con cola nese paraxe, que estou canso de escoitarlle a alguns veciños o bonito que é iso, cando eles mesmos non se decatan que Meis é unha aldea de pedra, que os mais de 120.000 € que se gastaron para iso poderian investilo en recuperar o noso patrimonio histórico artístico e que xa está ben de enganarnos.

Digo ademáis que esa aldea podería quedar ben noutro lugar que teña perdido a sua seña de identidade rural, mais en Meis non pasa iso (de momento).

E por último, é igual de HORTERA o nome que lle poñen a esa ruta, por que esa teima de cambiarlle o nome do que realmente é a ROTA DO RÍO ARMENTEIRA.

Non sei porque todo isto me lembra, en certa medida, á fábula do emperador espido.

Responses

  1. J.R. says:

    Setembro 2nd, 2008 at|comment_date at comment_time 14:10 (#)

    Faime moita gracia a fábula…jaja…

    Encanto a suposta recuperación destes muiños, mellor vou simplemente decir que me parece un pouco fora de lugar…sobre todo a capela, e demais adornos do entorno…(quen terá tan bo gusto para facelo así?)

  2. Lagar says:

    Setembro 2nd, 2008 at|comment_date at comment_time 16:09 (#)

    menudos “guevos” lle botaron os do bloque en criticar a “inauguración” da alde esa de san Martiño, tendo en conta que á xente, na súa maioría, con tal de “papar” xa lles vale, ou con que lle regalen uns sacos de cemento ou lle prometan emplear tres meses a unha neta, ainda que sexa cun soldo de merda e lambendolle o cu ao alcalde.Sobralles razón no que din e teñen os “guevos” de decilo ainda que perdan votos, xa non hai moita xente así, algúns non dirian o que pensasn para non perder votos e eles sí.

    A pena é que non dixeran e que as pezas que puxeron alí, que a min non me gustan, pero que ao mellor valían para outro sitio, alí quedan de merda, perdoando a expresión, joderon un entorno precioso coa colocación, e coa capilliña xa lle valeu.Cagarona ben cagada, e a quen lle guste ,mnellor pra él, pero para mín foi un atentado ó entorno, á historia e ao propio arte da pedra.Mala imaxe lle da eso aos canteiros da escola. Non era o sitio nen están sequera ben colocadas.
    Que alí o organizou, errou e moito.

  3. Brincadeira says:

    Setembro 3rd, 2008 at|comment_date at comment_time 18:37 (#)

    A fábula ou conto ou lenda esa que, por certo, aprendín nun libro de texto de lingua da escola, non ven mal para a fazaña pero tamén poderiamos chamarlle “Os 2 de sempre” (e sen perder o respeto por Castelao) porque o J.L. e Louzán sempre andan en lerias…

    Eu cando vin no buzón da casa o panfleto, ou folleto ou flyer do ‘encontro’ escondino para que non o vira a familia. Que vergonza: 15 euros por unha comedela ou xantar ou piscolabis… Pois menos mal que era pra compatir cos veciños.

    Eu por alí pasei hai un tempo a ver os muíños que meu abueliño díxome que un era da deles (non sei que nome lle daban, inda que tampouco sei se os carteis ou letreiros ou etiquetas de madeira son fieis á tradición)pero non sabía nada da ‘aldea’. Claro, que a ignorancia é boa amiga porque cando me dixo miña nai que era unha aldea pero artificial, ou sexa, unha construcción, collín un bo disgusto… Agora xa sabemos porque se chama RUTA DE PEDRA porque baleiraron as canteiras hahaha…

    En fin, que rabia que os políticos sexan cargos electos…. Elexidos por quen?….

  4. ok says:

    Setembro 9th, 2008 at|comment_date at comment_time 21:01 (#)

    Bueno o que pasa neste concello non e normal, entereime da que a asociacion cultural a baralla estaba disfrutando dun local no pavillon de deportes para as suas reunions e demais cousas que o que facian sabiano eles. Resulta de que os votaron fora dali, non sei o porque e se non era pouco concedenlles outro local, e que me parece indignante porque o concello ten que facilitaR eses locais. Pareceme moi loxico que o deixe para momentos puntuais. Tan ben quedan co alcalde e por detras danlle a puñalada.

  5. TES RAZON says:

    Setembro 12th, 2008 at|comment_date at comment_time 8:27 (#)

    TES RAZON ” OK “, eu eso xa o sabia de fai tempo, pero o que pasa e que os desta asociacion critican por detras, e por suposto neste blog, pero e o que hay, sempre e criticar por criticar, notase que non fan criticas constructivas, e o unico que lles vale e que lle den diñeiro para o dolorock ese e na mais, que e o que lle interesa, eu entereime de que o ano pasado foron 30.000 euros o que se lle deu, e pareceme indignante, tamen sei que leva o seu traballo, non lles quito o merito, que o teñen, por que son os unicos polo menos que fan algun concertillo que cada ano ten mais adeptos. pero claro, e moi facil que cho den todo feito, eso e o que non me parece xusto, non me extraña que este concello teña tantas deudas, por que hay moito chupon,

    que se dame pra unha coral, que pra outra, que se me pagas o pincho, que se a publicidade na radio, que se e afesta de non sei que, etc etc

    a parte de que me parece innecesario tanta festa neste concello, a parte da rivalidade entre parroquias, “que se a festa dos callos e mellor, que va se e mellor a do potro, pero que dis se e mellor a da fabada” ¿cal sera a proxima festa??? queda aberta a propuesta, jajajaj

    bueno esto e o que teño que dicir deste concello, hay cousas que me gustan e cousas que non, non veo loxico tanta festa, nin tanta inauguracion de muiños, nin aldeas de non sei que, nin outras cousas, creo ke este concello ten que crecer, pero crecer respecto a negocios e atraer a xente que veña a vivir, pero claro tal e como esta todo o concello, pois coma pra vivir en el non???

    se puxeran mais aceras, asfalto, e contruiran mais cousas pra os rapaces pois creceriamos mais, pero o que pasa e que a xente non esta pola labor tamen.

    se hai unha festa pois vamos comer e pagamos, se hay un cursillo de ingles, poies non vai nadie por que hay que pagar, esto e un dicir pero e o que pasa en todos lados, queremos todo gratis sen dar nada a cambio.

    un saudo e moita sorte

  6. Tin says:

    Setembro 13th, 2008 at|comment_date at comment_time 9:10 (#)

    O único que pasa coa asociación A Baralla é que a concejala de cultura que hai agora non os atura, especialmente a Marta, que é un pouco a portavoz do grupo, e quere velos desaparecer.
    Pero esta asociaci´´on é a única que funciona como tal, pois as outras son feitas solo para festas da iglesia.

    Se con Cesáreo ía mal a cousa con esta vai moito peor.Quere sacar os cartos que se estaban a dar pero ela entrou para cobrar e non ter que traballar, xa se ve que deixou o negocio do super no que despachaba e nin siquiera se presenta xa as oposicións.
    Ela a chupar do bote e a querer sacarlle os cartos as asociacións e comisións.
    QUE SE LARGUE E VAIA TRABALLAR.OUTROS LEVAMOS MOITOS ANOS LUCHANDO PARA QUE EN MEIS POIDA HABER ALGO BO PARA A XENTE XOVEN E QUE SE CONOCE FORA DE AQUÍ, VEN XENTE DE MOI LONXE AO DOLOROCK, PERO OFELIA NON O SABE PORQUE NIN VAI NIN QUERE IR, ESO QUE É A CONCEJALA DE CULTURA, DISQUE.

  7. TES RAZON says:

    Setembro 15th, 2008 at|comment_date at comment_time 7:49 (#)

    TIN estou dacordo contigo en alguns puntos, pero en outros non

    respecto o de que os quere botar, non creo que sexa asi, o que non se pode ser e chupon, eu preguntoche

    ¿ti cres que teñen que ter un local??

    eu personalmente digoche que non deben nin teñen que ter un local, non creo ke sexa unha asociacion que estea facer continuamente cousas, pra facer o DK, o do futbol e o do mercadillo, pois non sei, creo ke non e pra tanto.

    respecto o das festas das igrexas que dis, tes toda a razon, deberian ser as primeiras que non levaran nada, pero desgraciadamente a xente fai as festas por rivalidade, ou eso e o que creo, todas queren ter o mellor, ou non viches as festas de zacande, creo ke kn eso xa se ve non??

    temos demasiadas festas e malas, e mellor unha ou duas que non trinta.
    aparte de que nesas festas o axuntamento pon cartos pero despois non ve nada. co que esta a perder cartos, e moitos.

    o que non me gusta do que dis e tamen o do suposto traballo, que si traballa ou deixa de traballar, neste concello hai bastante xente que non traballa e andan de bares todo o dia, eso e non traballar, se deixaron o super sera por que lles compensaria alquilalo ou o que sea non cres???

    tamen che digo que mires un pouco pros lados e veras que xente traballa e quen non, veras que a xente xoven e a que menos traballa e mellor vive, asi que non digas que se non se presenta as oposicions , que se deixa non sei que traballo, na vida presentanse oportunidades e hai que collelas ou deixalas pasar, ti seguro ke farias o mesmo.

    pois eso non critiques a vida personal, critica o que fai sexa mellor ou peor, pero deixa a vida persoal das persoas.non cres??

    un saudo

  8. Meisina says:

    Setembro 15th, 2008 at|comment_date at comment_time 18:58 (#)

    NON ME EXTRANA QUE NON POIDAN VER DIANTE OS DO DOLOROCK, PORQUE SE A CONCELLEIRA DE CULTURA CHUPA DO BOTE NON SEI K FARAN ELES. EU QUEDO ABRAIADA. UN FESTIVAL DE TANTOS CARTOS E QUE NON SE DEN CONTA DE QUE NON HAY XENTE, PORQUE SE PARA ELES DIN QUE TIVERON 3000 PERSOAS OE, DE ILUSION E IMAXINACION TAMEN SE VIVE, PORQUE PARA VER 3000 PERSONAS ESTE ANO TIVERONLLE QUE VOTAR PERO MOITA QUE MOITA IMAXINACION. ENFIN, PERO SE TEÑEN PROBLEMAS COA CONCELLEIRA, ENSEGUIDA CHAMAN O ALCALDE, PALMADIÑA NA ESPALDA, E CANDO LLE DE O QUE PIDEN, NON SE LEMBRAN DEL, SON XENTE FALSA DE MEIS, PERO QUE SE LLE VAI FACER, TEN QUE HABER DE TODO.

    CON RESPETO AS OPOSICIONS DE OFELIA, INFORMOCHE QUE SI SE PRESENTOU, NON SEI QUEN CHE PASA A TI INFORMACION TAN MAL EMITIDA, DENDE LOGO, SEGO DICINDO QUE ESTE CONCELLO HAI MOITA XENTE E COA ENVEXA POLAS NUBES, PORQUE OFELIA ESTA DEMOSTRANDO TODO O QUE VALE, SACANDO O CONCELLO PARA DIANTE, E TENTANDO RECORTAR GASTOS PARA QUE NESTE CONCELLO NON SO SEXAN FESTAS, CORAIS, PICOTEOS, ETC E TENTANDO INVERTIR CARTOS EN SERVIZOS, O QUE NON PODEMOS E PRETENDER TELO TODO, FESTAS, ACERAS, E PICOTEOS DE BALDE, NON PODE SER SEÑORES,

    SO DIGO QUE HAI QUE TER RESPETO POLA PERSOA EN SI, AINDA NON COMPARTINDO OPINIONS, PERO CREO QUE ESTAN INTENTANDO FACELO O MELLOR POSIBLE

  9. PP says:

    Setembro 15th, 2008 at|comment_date at comment_time 19:01 (#)

    o de que cobra e non traballa, ¿por que non vas unha maña ali de 9 a 15 e llo dis a ela a cara? escribimos por aqui que asi non nos coñecen e por diante poñemos boa cara e por detras escribimos en internet. COBARDES

  10. O DE SEMPRE says:

    Setembro 15th, 2008 at|comment_date at comment_time 22:13 (#)

    Aquí pasa o de sempre. Criticar por criticar. Eu coñezo como funcionan outros concellos e a inguén lle preocupa se unha asociación ten un local ou deixa de telo. Ó contrario, a maioría dos concellos habilitan/facilitan ás asociación , locais para que desempreñen á sua función e xeren ideas que poidan levar a cabo no seu propio concello. O concello fai o esforzo en apoiaros e do mesmo xeito as asociacións esforzanse en facer cousas que den vida ó concello; Por eso penso que cando unha asoiciación funciona, perdura no tempo e fai cousas como poden ser as Mulleres Rurais ou os da Baralla, non nos temos que preocupar por se lle ceden un local para reunións e demais, senón por apoialos a que sigan a facer cousas e senón témolo todos moi facil: Montamos unha asociación e intentamos facer o mesmo, a ver si así nos deixamos de preocupar por estas cousas e nos preocupamos máis polo que realmente é importante como é a xestión do concello. Propoño dende aquí que as críticas que se fagan sexan CONSTRUCTIVAS e non destructivas. Que deamos ideas que poidan desenvolverse polo ben de todos e non CRITICAR POR CRITICAR como di a canción de Alaska…
    Saudos a tod@as!!

  11. Quedo abraiado says:

    Setembro 16th, 2008 at|comment_date at comment_time 21:21 (#)

    Aquí xa tamos co de sempre.Por certo Meisina, escribir en internet con maiusculas normalemente significa gritar. ´Nos sei que manía lle ten a xente aos de Dolorock. Aquí todo envidia. Vamos a ver, Meisina, que carallo van a chupar os do Dolorock!!! Non vedes que o único que fan é traballar de GRATIS por sacar adiante un festival importante no Concello ((Por certo, un dos festivais de musica mais importantes da provincia). Os cartos que lle poden dar do concello sion para os gastos do festival. Teriades que empezar por preguntar canto presu`posto conseguen en total para levar a cabo o Dolorock. A min dixéronme que rondaba os 60.000 euros asique non pensedes que lle dan nada feito, pois o resto da pasta digo eu que haberá que conseguila non? Agora dime tí, MEISINA, a que a tua amiga Ofelia fai o mesmo? A que traballa potr amor ao arte para sacar adiante eventos culturais no concello??????????UNHA MERD…. Cobra e ben que cobra, polo que non me podes comparar o traballo dunha asociación sen animo de lucro co dunha concelleira qeu o que fai non o fai por amor ao pobo (pois antes non se lle via ni o pelo) se non por amor aos cartos. Eu no digo que non teña que cobrar, pero si tivera que cobrar dacordo as chapuzas que fai e traballara pa min… creo que me quedaba ata a deber. Que sepades que todas estas actividades de cultura que se levan a cabo no concello como a TITIRIMAXIA, o GALIZA DIXITAL etc, son subvencionadas por determinadas ocnsellerias asiq no ten merito niungun o que fai. E se non me credes falade con calquera concello e preguntádelle se a eles non lle envían o mesmo. Asique non me veñades con chorradas de recortar presuposto ou non sei que temas e deixade de criticar aos que realmente SI viven e traballan por facer cousas no concello, porque se non fora por eles dime tí que outro festa hai en Meis para a xuventude.

  12. si si si says:

    Setembro 17th, 2008 at|comment_date at comment_time 12:36 (#)

    Quedo abraiado, aparte de que non tes razon eres un ignorante, para o teu saber, o dk ou dolorock, para o que costa deberia de atraer a mais xente, este ano como din por ahi foi unha merda. parece estupendo que fagan iso polo pobo e que o fagan gratis como dis ti, cousa que eu non o creo asi, pero o respeto.

    para facer un festival necesitase diñeiro que ven de:

    – subencions
    – publicidade
    – axuntamento
    – bar

    ti non cres que pa ser un festival que din que e gratis, canto cres que sacan en copas???

    canta xente pon publicidade nas pantallas??

    canto da o axuntamento e reciben de subencions??

    e outros cartos que veñen doutras cousas

    hai xente que si que traballa, eu a eso personalmente non lle chamo traballar, traballar significa traballar, non andar de carallada por ahi, entendes

    traballar e estar todo o dia na carretera poñendo asfalto ou noutro traballo que sea sacrificado,sea ou non polo pobo, sen diñeiro non se vive, ou ti traballas sen que che paguen, pois os demais o mesmo

    aparte de todo, as persoas que se dedican a eso e teñen tempo, pois sera por que non teñen nada que facer, por que eu traballo de sol a sol e non teño tampo nin pra xogar cos meus nenos, entendes???’

    un saudo

  13. Quedo abraiado says:

    Setembro 17th, 2008 at|comment_date at comment_time 14:57 (#)

    En primeiro lugar, sen insultar que e no insulteis a ninguñe, e en todo caso o ignorante serías tí porque non se di axuntamento, senón concello. Eu din a miña opinion do que vexo desde fora. Teño traballado organizando eventos noutros concello e sei o que costa. Tamén sei o

  14. Quedo abraiado says:

    Setembro 17th, 2008 at|comment_date at comment_time 15:02 (#)

    Tamén sei o que é traballar pr amor ó arte. E sí, digo traballar, porque se ti non consideras traballar ao que supón organizar calquera cousa é porque non tes nin idea. Agora ves co de que ue tes que traballar de solo a sol… a quen lle importa. Que eu sepa, os que fan o Dolorock traballan practicamente todos e alguns traballan e estudian á vez. Así que non veñas con esa cantinela. Parece mentira que teñamos que ser os de fora que valoremoa os festivais deste tipo. Xa nos gustaría que no meu concello houbera un grupo de amigos que se esforzan ano tras ano en facer cousas;pero en fin, xa vos daredes conta co tempo… Unha pena.

  15. Antonio says:

    Setembro 17th, 2008 at|comment_date at comment_time 22:46 (#)

    JA JA JA pártome e móndome!!!!

    Que desorganización!!! (cousa rara en Meis)

    Ao sair tende coidado coa porta corredoira e a xanela indiscreta…

  16. Un que pasaba por aqui says:

    Setembro 29th, 2008 at|comment_date at comment_time 23:18 (#)

    E que non entendedes nada:
    Co bonito que quedaria o Castrove cheo de chalets para que a xente con cartos poida xogar o golf e vos empeñados en conservar catro árbores (total en galicia as temos a centos), catro pedras postas unha enrriba da outra e unhs debuxos na roca que parecen feitos por un neno. Trapalladas. E mellor uns chalets con acceso restrinxido e así o monte estará limpo, sen animalias e sin riscos de incendio. Asi ademais se lle dará traballo os pobres constructores que con isto da crise non poden seguir enchendo o peto. Xa o dixo o poceiro: o mellor para resolver a crise e construir en cada recuncho do pais. En vez desas casas de pedra vellas que bonito quedaria Meis con edificios de dez alturas por tódolos recantos do concello. Hai que ter visión de futuro.