Unha man negra nas Festas de Meis

Xullo 12th, 2008  |  Published in| the_category Ruxe-ruxe  |  12 Comments

festas-dos-callos4.jpg

En Meis, en concreto no Mosteiro, atópanse istos días celebrando as festas de San Bieito, que son unhas das máis coñecidas do concello entre a xente do Salnés. Son unhas festas cunha gran bagaxe detrás, que escomenzaron hai xa moitos anos e foron modificándose e medrando en importancia e eventos ao longo dos últimos anos.

Desde o esplendor das carreiras de karting que se celebraban no casco urbano até a celebración da festa dos callos, foi acadando fama cos coidados e agarimo dunha morea de veciños e veciñas, que puxeron o seu tempo, o seu cariño, o seu esforzo e tamén cartos do peto (ainda que haxa quen o dubide) para que este pobo tivese un nome e un oco nas festividades estivais da comarca.

Pero estamos empezando a acostumarnos a ver como cando algo funciona, sempre aparece quen se aproveita para sacar rendemento ou “controlar”. Así nos atopamos este ano con que a Secretaria do alcalde aparece como Presidenta das festas, e a concelleira de Cultura, a concelleira de persoal e a propia Secretaria do alcalde visitan os domicilios dos veciños para “pedir” para as festas, incluso o concello se convirte no lugar onde se poden ir levar os cartos para as festas.

É bochornoso ver a que extremos se chega en política, é unha vergonza ver a un cargo público, neste caso incluso a unha concelleira liberada, pedindo nas portas dos veciños, pero máis lamentábel é ver como iso que se construeu coas ilusións de moita xente, a maioría, tamén é xusto decilo, veciños do Campo da Feira (na maioría que non na totalidade), as “Festas de San Bieito” convertironse este ano nun auténtico esperpento.

A publicidade do Concello falaba de dez días de festa, que na realidade se convertiron en tres días, por máis que digan, o día de San Bieito, coas misas propias na capela e dúas noites de verbena, venres 11 e sábado 12, para engadir o terceiro día a festa dos callos. Por non haber, non houbo nin luces nin foguetes, e até o venres día 11 non se explosionou a pólvora no ceo do Mosteiro.

A deputación desenvolsa miles de euros para estas festas, o día dos callos a saqueta énchese cos centos de persoas que veñen degustar este manxar. O concello pasa a un primeiro plano e organiza as festas, desaparecendo a tradicional Comisión de Festas , que nos inspiraban confianza e gañas de aportar pois eramos participes dunha ilusión común.

Desde que o concello é o encargado, o nivel foi baixando a unha velocidade sorprendente, até chegar a este ano, no que a desilusión e o desánimo enraizou definitivamente na meirande parte dos/as meisiños/as que valoran moi negativamnete o programa presentado polo concello e consideran que “esto toca a fin”.

Desde este blogmillo o interese non é facer leña da árbore caída senón facer unha valoración da situación e permitir que sexan os veciños os que leven as rendas desta celebración, pois o espírito que os move é totalmente distinto, para exemplo tivemos a maravillosa Festa Labrega, á que esperamos lle quede unha longa e próspera vida, sempre que desde o Concello non lle boten o “guante”.

Señores políticos do PP de Meis, voulle dar un consello: “Zapateiro, aos teus zapatos”.

Responses

  1. o de sempre says:

    Xullo 12th, 2008 at|comment_date at comment_time 20:13 (#)

    isto e o de sempre, os que menos fan son os que mais falan, a xente gustalle ir de festa pero non lle gusta perder o seu tempo pedindo ou aportando cousas pra meis, cada vez a xente da menos diñeiro, cousa que entendo nestes tempos, pero hai xente que nin seuqera aporta dileiro e vai a festa e ainda critican que non teñamos orquestas boas. eu estiben nunha comision de festas doutro concello e digoche que e moi dificil conseguir diñeiro, eu tiven que soportar que xente pechase as ventas e persianas pra facer que nadie estaba na casa e non dar diñeiro e despois velos na festa e andar a criticar, asi que temos o que merecemos.

  2. o de nunca says:

    Xullo 15th, 2008 at|comment_date at comment_time 10:46 (#)

    Estou anonadado ante tal noticia!! A SECRETARIA DO ALCALDE DE PRESIDENTAAA??? E NON SERÁ PORQUE TODOS SOMOS A CRITICAR, PERO NINGUÉN QUERE MOLLA-LO CU?
    Queridos amigos, eu non creo que dende o Concello, e ata o mesmo Alcalde queira controlar quen carallo da ou non para as festas de San Benito. Máis ben é que por fin se empezan a colle-las rendas dun barco que pouco lle faltaba para o seu naufraxio. É increibel cómo se critican memeces cando non hai más de qué criticar: luces? ai, bloguemiño qué perdido estás! Había luces en tódalas parroquias e pódoche dicir que máis ca os anos anteriores. Foguetes? Non os escoitarias ou non estarías atento/a, pero tamén se botaron moitos (máis ca o ano pasado).
    As festas estiveron moi ben, os callos estupendos e os actos qeu se fixeron (a festa da bicicleta, concurso porque ti o vales…) penso que quedaron moi por encima dos anos anteriores.
    A ver se por fin vemos o positivo das cousas.

  3. maría says:

    Xullo 16th, 2008 at|comment_date at comment_time 12:38 (#)

    Sinto dicilo pero non estou de acordo con estes comentarios! eu estiven dentro desa bendita comisión de san bieito e é normal todo o que pasa. doulle a razón o que fala das grandes concelleiras que existen neste concello que ningunha, é dicir, ningunha é do PP senón como ven se dá últimamente son interesadas porque os seus partidos dos que participaron nos seus tempos non as queren nin ver en pintura! porque iso son unhas interesadas.
    Dicir que hai moita xente que loitou polas festas de san bieito, dixemos os callos que iso é o escandalo mais grande! dicir que san bieito é das 3 nogueiras e esas 3 nogueiras participaron sempre con cartos e con traballo e o que lle deron a cambio foi durante moitos anos pór nos carteis san bieito de mosterio! cando non é así o san bieito e das 3 nogueiras!!!
    se levantan as festas mais ben menos que mais porque os cidadáns das tres nogueiras empezaron a aportar de novo diñeiro con ilusión cando un grupo de rapaces, no que me inclúo conseguiron por de novo as 3 nogueiras ! anque o que non puideron conseguir foi que san cristobo pasase polas 3 nogueiras xa que dende o concello, mirade que burrada tan grande, lle dixeron que non podían pasar pola C – 531 porque non deixaba tráfico!!! e resulta que este ano si! é de risa
    ata o señor alcalde priva de servizos básicos como a auga e o saneamento a C 531 porque non lle deixa a deputación cortar a carretera! increíble pero certo! a culpa é de quen lle fai caso e lle segue votando!
    en fin, que a historia de meis é para escribir nun libro…..
    espero que os que falen das festas estivesen na comisión e comparen coma min porque senón mellor non falen! porque a xente que somos veciños que non pertencemos a yet-set non somos ninguén e nos apartan. neste concello unión nunca haberá porque as lpersonas que valen desaparécenas.
    e que saibasde que o partido popular de meis de popular non ten nada, senon me equivoco afiliado so está o alcalde que non lle queda mais remedio porque dos afiliados ningún está no concello, con dicirvos que os anteriores concelleiros se afiliaron 4 anos despois de pertencer e porque o partido llo exixiu! ningunha persoa do PP forma parte do governo.

  4. Manolo says:

    Xullo 17th, 2008 at|comment_date at comment_time 12:16 (#)

    Manda carallo María.Os concejales que gobernan en Meis non son do PP, solo o alcalde. ¿De que son Eugenio, Ofelia , Raquel e os outros? .
    E eso de que sodes rapaces os da comisión, manda carallo tamén. Ofelia de rapaza non ten nada, e concejala e cobrando un sueldazo e tamén e do PP. A Raquel de rapaza non ten nada tampouco, xa ten os seus anos, ¿ou pa ti ter corenta anos e ser unha rapaza?Raquel tamén e concejala do PP .De que vas rapaciña.
    E xa che vale poñer a parir os que estaban antes na comisión, e que sabrás ti. Cando Cesáreo estaba de presidente da comisión de festas e dos callos eso si que eran festas e non a merda deste ano.Eu non sei si eres ti a Maria de San tomé que traballa pa o alcalde e que ten que facer o que lle mandan , miña pobriña, ou es outra María, dacheme igual, pero tes mais cara ca espalda decir que entes por culpa de Cesareo non iba a caravana pola 531 ou que estaban a acabar coas festas.Coas festas acaban os unutiles da presidenta do alcalde, Ofelia a Raquel e os da comision do concello que acaban con todo.
    Como non volvan a comision os que estaban como din neste blog as festas van o carallo. Pero o mellor e o que queredes, os que como dis ti non sodes da yet.Os da comision nunca forn dayet nin de nada , son xente moi traballadora, que non lle ten que lamber o cu a o alcalde pa ter un traballo, como algunha xente.Ou sea que ti rapaciña non tes nin puta idea.

  5. ok says:

    Xullo 17th, 2008 at|comment_date at comment_time 23:55 (#)

    sodes moitos a falar e sen saberes nada, pido o webmaster k censure comentarios con ofensas ou insultos, somos todos persoas, uns mais ca outras esta claro

  6. pra manolo says:

    Xullo 18th, 2008 at|comment_date at comment_time 15:36 (#)

    manolo como se che ve o plumeiro, xa sabemos que eres cesareo, cerra a boca e durme un pouco home, estate tranquilo que ti no pp tamen cobrabas….

  7. o de sempre says:

    Xullo 18th, 2008 at|comment_date at comment_time 15:40 (#)

    esto e o de sempre, o que hai neste concello e envidia, o que teria que facer a comision e non facer nin festas, a pesar da pouca colaboracion dos veciños e a mala xente que hay neste concello, asi si que non vamos a ningures, xa sabemos a quen temos de alcalde, pero eso non quere dicir que outras persoas que estan ahi sexan = ca el non???? cada persoa e un mundo.

  8. SORPRENDIDA says:

    Xullo 20th, 2008 at|comment_date at comment_time 12:26 (#)

    PARECEME INCRIBLE A GANA DE CRITICAR DOS QUE NON FAN NADA!!!! OS QUE ESTE ANO FORMARON A NOVA COMISIÓN FIXÉRONO PORQUE SENÓN AS FESTAS QUEDABAN SEN FACER, XA QUE OS DA COMISIÓN ANTERIOR DECIDIRON NON SEGUIR .
    EU FORMEI PARTE DA COMISIÓN SAÍNTE DURANTE UN DOS ÚLTIMOS ANOS E PODO ASEGURAR QUE DE TRABALLAR TANTO COMO DI MANOLO NADA DE NADA. AHÍ ERAN MOITOS A MANDAR E POUCOS A TRABALLAR.

    OS DA COMISIÓN SAINTE XA FIXERON TODO O QUE TIÑAN QUE FACER, E AGORA os que entran tamén merecen unha opotunidade!!!
    E con respecto o de que da vergonza ver a un cargo público pedindo polas portas, paréceme incrible!!!1Non pedian para eles senón para as festas!! O que tiñan que facer eses que tanto critican é falar menos e axudar máis!!! Se tanto lle molesta que sexan estes os que piden por que non o fan eles??? Será que ninguén se quere mollar??? Eu fíxeno e por iso sei o gran mérito que teñen!!! Co pouco tempo que tiveron creo que as festas se relanzaron bastante e que dende logo foron moito mellores que as dos últimos anos!!! E ESTOU SEGURA DE QUE O ANO QUE VÉN CONSEGUIRÁN MELLORALAS E QUE VOLVAN SER O QUE ERAN. O MEU APOIO DENDE LOGO XA O TEÑEN. NORABOA Á NOVA COMISIÓN E ESPERO QUE NON SE DEIXEN VENCER POR AQUELES QUE SEN SABER O TRABALLO QUE HAI DETRÁS SE DEDIAN A CRITICAR!!!!

  9. para manolo says:

    Xullo 21st, 2008 at|comment_date at comment_time 12:46 (#)

    Querido Manolo,
    Se realmente eres Cesareo como di “pra manolo” é incribel cando ti facias menos porque todo o querías organizar ti e as tuas brilantes ideas. Ti xa tiveches o teu lugar no concello a chupar coma os outros. non che chegou? descansa, amigo e deixa via libre… por certo, noraboa polo pregon. O pregoeiro non estivo moi alá, pero o espectaculo e xente que había non era coña, e iso que non habia de papar!
    Ah!! e non te queixes qeu tamén tiveches o teu momento de groria cando subiches ao esceario q se son eu xa non che dou nada.
    E sobre lamer o cú… case que non falamos, estamos? Non quero que o webmaster me chame a atención.
    Estou seguro de que o ano que ven será mellor. Iránse facendo máis cousas, como o programa ese. Que sigan así e que traballen cada dia mais, que nos xa estamos para criticar, que votar unha man, pouco, non si?

  10. cesareo says:

    Xullo 21st, 2008 at|comment_date at comment_time 13:35 (#)

    querido Manolo e compañia eu si que son Cesáreo e decirvos que as festas de San Benito para min son as mellores asi que algun espavilado que escribe aqui que non mombre a nadie e que poña o seu nome porque o falar non ten cancelas. enoraboa ao Concello ea Comisión de festas.

  11. Lolo says:

    Xullo 23rd, 2008 at|comment_date at comment_time 20:47 (#)

    Festas, pero acaso ¿houbo festas? O que hubo este ano foi unha cagada, todo dios comenta que foron unha merda e non valeron pra nada, deixadevos de coña.Este ano foi o peor de todos.Escarallaronas e non hai voltas.E falades do pregón, eso foi de pena. Quedouvos a cabeciña descansada.O que non sei como vos quedaría o bolsillo.

  12. lola says:

    Xullo 24th, 2008 at|comment_date at comment_time 12:00 (#)

    pois a min gustáronme moito que queres que che diga e o pregón tamén… e se non che gustou foi porque non foches porque o concurso de cantar estuvo moi ben e ninguén dixo que fora de pena como dis ti. E mais, moita xente quedou ata o final por ver quen gañaba. Realmente estiveches nasa festas? Estrañame moito a verda. Eu paseino moi ben e os rapaces tamén. Sempre estades a protestar carallo: se son moitos dias, por son moitos… se soln dous.. porque son poucos…