Polígono de “Meis”? U-lo?

Maio 30th, 2008  |  Published in| the_category Economía  |  1 Comment

poligono-meis1.jpg

Onte xoves día 29 poidemos asistir os meisiños e as meisiñas a un novo show da Deputación de Pontevedra, desta volta co chamado Polígono de Barro-Meis. Mais iso de polígono de Meis non sei a conto de que vén pois até o que eu coñezo non existe practicamente nada para o noso concello.

Dentro do discurso demagóxico do Partido Popular atopamos esta declaración do Presidente desta formación na que afirma que “o Polígono de Barro-Meis é o exemplo de que O Salnés pode acoller unha gran área loxística. Este e o chan industrial máis importante que se está a acondicionar en Galicia e é a Deputación e non a Xunta a que o está a levar a cabo, mostra de quen está a facer algo e quen só paraliza proxectos”.

Se cadra, este señor esquece o ofrecemento da actual Consellaría de Vivenda para con este polígono e o rexeitamento da Deputación ao respecto, mais este discurso hipócrita do lider do PP segue coa afirmación de que “o feito de que sexa a Deputación Provincial a que estea a levar a cabo esta importante infraestrutura di moito de quen se está a mover por Galicia e por Pontevedra” engadindo “a Xunta limítase a botar abaixo todo o entramado de chan industrial deseñado polo antigo Goberno autonómico”. Hai que ter JETA.

Que terá que dicir o señor Núñez Feijoo cando o polígono a realizar en Meis xa databa de 1998, en pleno goberno de Aznar no estado e de Fraga na Xunta? que fixeron durante todo istos anos polo Concello? a quén queren enganar?. Foi a Xunta de Galiza de Fraga (Xestur concretamente), e da que formou parte Núñez Feijoo, quen abandonou a Meis, ademais da incompetencia dun alcalde para levar este proxecto adiante (as comparacións son odiosas, mais antes de que se falase de Barro falouse de Meis. Actualmente, o concello de Barro está mais adiantado nesta infraestructura que o noso…minto seica?). Por que rexeitou a Deputación de Pontevedra a colaboración que lle fixo a nova Consellaría de Vivenda (en mans do BNG)? Por que queren agochar á cidadanía esta circunstancia?

A Deputación debería de dar boa conta do que ten que facer en Meis en vez de gastar o diñeiro público en propaganda mediática. Os meisiños e as meisiñas queremos saber que pasou en Meis nestes últimos 10 anos co Polígono Industrial. ONDE ESTÁ O POLÍGONO DE MEIS???

Máis información en La Voz de Galicia do 30.05.08: Máis do 50% dos terreos do polígono de Barro-Meis estarán listos en decembro e Promotores de Barro-Meis din que se adiantarán á Plisa de Salvaterra

Información de Canal Rías Baixas: A Deputación disporá en decembro de 500.000 metros cadrados no polígono Barro – Meis

Información en La Voz de Galicia do 31.05.08: Reprochan a Núñez que abandere agora Barro -Meis, tras haberse negado a construílo

Responses

  1. Palenque says:

    Xuño 1st, 2008 at|comment_date at comment_time 23:09 (#)

    Menuda foto:, José Juan Durán, Landín, Feijoo, Louzán e Jimmy.Non sei que pinta Jimmy alí sabendo que o único sitio onde hai algo feito é en Barro, que se sepa na parte de Meis non hai nada de nada.Algúns que queríamos instalar as nosas empresas , pequenas ou grandes non podemos porque eso vai para largo.Jimmy non peta na mesa nin da deputación.Non entendo como aquí non hai nada de nada pero sempre está a vendernos a moto do polígono. E todo mentira e xa estamos ata o carallo de tanta palabrería e falsedade. Landín si que é un alcalde e non Jimmy. Landín non lle cala a nadie nin a Rafa nin a ninguen e Roberto o de Portas tampouco. Esos si que son alcaldes e non sirvientes a sueldo dalgún contratista ou de jefecillos populares. Aquí fai falta un home de verdade, que sea alcalde de verdade .Claro que si o sueldo que che dan e o unico que tes para vivir, pois senon a ver de que comias fas o que che mandan catro.Menuda carallada, salenos caro, pero que moi caro.
    Suerte pa quen fai o que quere a cambio de pasta.nn1