Iniciativas socialistas para Meis

Maio 18th, 2008  |  Published in| the_category Política  |  1 Comment

logopsdeg.jpg

O Grupo Municipal do PSOE de Meis presentou perante o rexistro municipal varias iniciativas:

1. PLAN MADRUGA: Que toda a información , incluídos prazos, procedemento e formulario, se lles facilite aos colexios para que sexan distribuídas simultaneamente coas notas de fin de curso, ao ser un sistema máis efectivo que o empregado anteriormente. E aínda, estando a disposición dos veciños nas oficinas do Concello, non está de máis facilitarlles o proceso, facéndolle chegar todo aos seus domicilios. O sistema de entregarllo coas notas é moito máis efectivo que un mero comunicado que os rapaces entregarán ou non nas súas casas.”

2. MOCIÓN PROGRAMA DE LUDOTECA MUNICIPAL: O PSOE propón ao Pleno municipal que “se desenvolva (por parte do departamento de cultura) un proxecto de ludoteca que ocupara aos rapaces e rapazas nun horario de 10’30 da mañá ata as 14 horas dos meses de xullo e agosto (luns a venres) e ao mesmo tempo se lles facilitara a posibilidade de descubrir o lugar no que viven.”

3. MOCIÓN REMATE ESTRADA VILANOVIÑA A CALDAS DE REIS: Os socialistas piden que o Pleno “reclame a Excelentísima Deputación e Pontevedra a urxente finalización das beirarrúas da estrada que une Vilanoviña-Caldas de Reis, xa que un ano é tempo abondo de demora”.

Máis información: La Voz de Galicia do 18-05-08

Responses

  1. cpi.julia becerra malvar says:

    Maio 21st, 2008 at|comment_date at comment_time 8:31 (#)

    Hola.Somos os alumnos de 2ºA (cpi.Julia Becerra Malvar)
    Estamos facendo un traballo de clase e queremos contar con a vosa axuda,por eso nos derixeimos a vos.Para que poidamos aprobar e por iso necesitamos a sua axuda.Espero que nos comprendades e que nos axudedes.Pois que a a mediados de junio pasadebos pola pagina de http://www.igrexasdosalnés.org e`asi poderedes ver toda a información ke nos deades.

    Un cordial saudo.e axudadenos por favor.