Aceñas

Maio 4th, 2008  |  Published in| the_category Revistas e Folletos

acenas.jpg

“Aceñas” é unha revista que edita o Departamento de Ciencias Sociais do Colexio Público Integrado do Mosteiro. A primeira revista data do 2004 e xa se editaron máis dunha ducia de números. Trátase de unidades didácticas que teñen como finalidade coñecer mais de preto a historia e cultura de Meis.

No número 0 a editorial relataba: “Aceñas é unha actividade do Departamento de Ciencias Sociais que pretende comunicar á comunidade escolar a historia, sabiduría popular e todo o patrimonio que acadou a xente de Meis ao longo dos séculos. Esta terra chantada entre dúas rías mantén alto un xeito de vida e un fondo tesouro cultural e artístico que debemos poñer en valor. As aportacións que teñan como obxectivo espallar este mundo serán benvidas para un maior enriquecemento de todos nós.”

Por Internet pódese consultar un exemplar: ACEÑAS

Os comentarios están pechados.