Castrove: S.O.S.

Maio 5th, 2007  |  Published in| the_category Memoria Historica  |  2 Comments

castrovemadialevo-davidpaznovoa.jpg

Dende neno sempre me sentin atraido polo monte máis representativo do concello. Ás veces os propios veciños de Meis non nos decatamos do tesouro que posuimos, para min é un lugar algo máxico, os castros, mamoas, túmulos, petroglifos, a paisaxe, a etnografia…decía un parente meu, catedrático universitario, que Castrove significaba “Monte de Xúpiter” pois aquelas palabras rematadas en -ve facían referencia a este Deus. Outros danlle unha orixe celta, pois tamén esa mesma rematación son consideradas relativas a antigos asentamentos celtas, casos de O Grove, Landrove ou Lestrove.

Se Galiza fose Cataluña ou Euskadi, o Castrove gozaría dunha verdadeira protección, non se intentaría construir chalets nen nada semellante. Xa sei que podo ser machacón co tema da política mais como xa dixera noutros temas saeme pola cercanía das eleccións e porque o concello vai perdendo a súa esencia, vai por un camiño sen dirección determinada.

O PP fíxolle moito dano a Meis, aproveitaronse do descoñecimento da xente para que se quedasen coas migallas dun gran pastel, é o caso dos chalets do Castrove. Non só vai producir un atentado medio-ambiental senon que se aproveitan enganando aos veciños para que vendan terreos aptos para urbanizar como se fose chan forestal.

 A todo isto habería que lle engadir as malas xestións dos Montes Comunais, que nin ordenamento nin politicas de producción forestal e medioambiental sostibeis teñen, caciqueadas case todas elas polo partido único, PP, o que xenerou o principal problema da vaga de lumes que azoutou o noso país, Galiza, e feriu de gravidade ao Castrove na súa fauna animal e vexetal e provocando unha grande erosión no monte.

Porén, rescato do baúl das lembranzas un artigo do xornalista Serxio González publicada en La Voz de Galicia a finais do ano 2005:

“SI ALGUIEN cree que el alemán o el madrileño van a venir en perennes ondonadas a comer centolas entre chamizos cementicios, alpendres recebados y urbanizaciones de chúpamela punta trae paquí el bisté, va listo. Llegará un día en el que el pelotazo urbanístico, la plusvalía del terrenito y el hormigón, no den más de sí. De su naufragio dará fe un país destrozado, sepultada su identidad de piedra bajo toneladas de ladrillos mal colocados, a golpe de cheques en blanco que habrán engordado a los porcos de pe de siempre a costa de arruinar la riqueza e hipotecar el futuro de un pueblo. Atentos a la idea del Concello de Meis. Mientras el debate social y político comienza a girar en torno a la protección del territorio, esta tropa quiere expropiar Monte Castrove para levantar chalés de nuevo rico aldeano. ¿Pero de qué caverna sale esta gente?”

PDT: Agradezo a David Paz Nóvoa a súa amabilidade pola foto deste artigo.

Responses

  1. David Paz Nóvoa says:

    Maio 8th, 2007 at|comment_date at comment_time 14:11 (#)

    Unha moi interesante reflexión sobre a onde nos está a levar este sacrosanto urbanismo inconsciente dos últimos tempos. Que deixaremos ás seguintes xeracións? Cemento?

    Unha aperta a todos os veciños de Meis de parte dun ourensán afincado agora en Vilagarcía. Non coñecía o voso concello e para min foi unha alegre sorpresa visitar o Castrove e o Mosteiro da Armenteira, dúas das cousas máis fermosas de todo o Salnés que vale a pena defender.

  2. MANUEL ALONSO says:

    Decembro 29th, 2009 at|comment_date at comment_time 20:31 (#)

    NI PA DIOS VAN A EXPROPIAR NUESTRO MONTE COMUNAL PARA LA EXPECULACION PRIVADA.