O BNG DE MEIS DENUNCIA UNHA NOVA SUBIDA DE IMPOSTOS E CHAMA Á MOBILIZACIÓN SOCIAL

Xuño 18th, 2015  |  Published in| the_category Política

BNG LOGO
O BNG INFORMA:
O PP SAQUEA MEIS PARA MANTER AS VERGOÑENTAS RETRIBUCIÓNS DO ALCALDE E DOS SEUS CONCELLEIROS.
O 13/05/2015 o alcalde de Meis confirma o atraco ao peto de todos @s veciñ@s co imposto revolucionario do CATASTRAZO.
Manteno en segredo ata despois das eleccións do 24/05/2015 para enganar aos veciños e convertendo estas nunhas eleccións FRAUDULENTAS, pois o pobo non sabía deste atraco a man armada que o alcalde xa tiña asinado co goberno do PP español.
Segundo a lei, o concello pode adaptar o IBI á capacidade económica dos seus veciños, pero o alcalde prefire subir as taxas ata un 400% e, ademais, cobrar retroactivamente os anos 2012,2013, 2014 todos xuntos.
Deste xeito resulta que agora nos están chegando facturas que van desde 100 ata máis de 2000 euros, que hai que pagar antes do 1/07/2015, co cal moitas familias terán que elixir entre pagar, comer ou seguir endebedándose. E en setembro pagaremos, ademais, a suba anual correspondente.
FOI O ALCALDE QUEN PEDIU AO ESTADO ACTUALIZAR O CATASTRO PARA SEGUIR SUBÍNDONOS OS IMPOSTOS E MANTER O SEU NOXENTO MODO DE VIDA A COSTA DO SUFRIMENTO E O AFOGAMENTO ECONÓMICO DOS VECIÑOS DE MEIS. INCLUSO CANDO PROMETEU NA CAMPAÑA ELECTORAL QUE ÍA BAIXAR OS IMPOSTOS.
DESDE O BNG ESIXIMOS A RETIRADA DA SUBA DO IBI OU A DIMISIÓN DO ALCALDE.
COA FORZA DE TODOS OS VECIÑOS PODEMOS PARAR ESTE ATRACO, NON FIQUES NA CASA E MOBILÍZATE CO BNG ATA QUE O ALCALDE DE MARCHA ATRÁS NESTE NOVO ROUBO AO POBO.

Os comentarios están pechados.