O ALCALDE XA NON RESPECTA NIN A TRADICIÓN DE ARRANXAR OS CAMIÑOS POLAS ELECCIÓNS!!

Maio 19th, 2015  |  Published in| the_category Sen clasificar

IMG-20150518-WA0002

Un veciño mandounos esta foto dun camiño en O Noval, Paradela

@s veciñ@s de Meis xa non temos dereito a ver en bo estado os nosos camiños nin sequera durante os 15 días da campaña electoral. Hai non moito tempo, o marabilloso de alcalde que sufrimos en Meis seguía esa estupenda tradición de asfaltar e arranxar todos os camiños de Meis durante as eleccións, para que puidésemos observar o ben que investía os cartos do concello (aínda que só fose durante 15 días cada 4 anos).

Desde aquí queremos denunciar a perda de tan importante tradición e preguntarlle, unha vez máis, onde van os cartos do concello se non son dedicados ao mantemento público (nin aos servizos sociais, nin ao centro de día, nin á creación de emprego digno no concello… e poderiamos seguir así ata o infinito).
IMG-20150518-WA0000IMG-20150518-WA0001

Estamos desexando que cheguen as eleccións (aínda que prefeririamos a chegada dun xuíz serio) para ver ao noso alcalde moverse dunha vez polo concello, aínda que só sexa para pasar lista entre os seus esbirros e comprobar se a carretaxe transcorre con normalidade! Desde este blog comprometémonos a traervos as imaxes do turismo organizado para votar! (Aviso aos condutores: sorride para as fotos!)

Os comentarios están pechados.