A denuncia das irregularidades do censo unha cuestión valente que honra ao BNG

Abril 23rd, 2015  |  Published in| the_category Política

vecinos-meis

Qué opinamos nós sobre a denuncia que fai o BNG das irregularidades (que o señor alcalde non nega) do censo de Meis? Resulta que a Xunta Electoral borrou do censo 38 persoas que o alcalde tiña empadronadas ilegalmente, co resultado de que o censo de Meis baixa ata os 4995 habitantes.

1. A esta situación chégase pola INCOMPETENCIA dun alcalde que despois de aprobar un PXOM, de ter un polígono industrial, do campo de golf da Armenteira, etc non é quen de atraer xente ao noso concello.

2. Isto xa se coñecía que era unha práctica habitual do alcalde pois hai anos xa foi denunciado nos medios polo mesmo BNG, desta volta semella que a Xunta Electoral foi incapaz de ocultar por máis tempo este delito.

3. Meis non cobre necesidades básicas importantes: as depuradoras non funcionan, falta un centro de día para os nosos maiores, máis servizos de gardaría, redes de saneamento, etc. Isto fai que os nosos veciños se empadronen noutros concellos nos que si poden desfrutar deles.

4. Do único que pode presumir o actual alcalde de Meis é de subir as taxas e os impostos facendo que a xente fuxa de Meis.

5. O alcalde de Meis MINTE unha vez máis, segundo el dixo na prensa o Concello recibe 3000 € por familia ao ano, polo que o noso concello recibiría máis de 6 millóns de euros. Que máis quixeramos!!! Unha de dúas, ou minte ou está roubando moitos millóns…

6. O alcalde é consciente que comete unha ilegalidade e xustifícala. Xa houbo un alcalde condenado por encher o censo con 73 persoas, cunha inhabilitación absoluta de 5 anos por delicto electoral. Trátase de Manuel Cendán, ex alcalde de Ares e do Partido Popular.

7. Con todo isto, o noso concello ten en nómina a un dos alcaldes mellor pagados de Galiza e con secretaria particular que pagamos todos e todas.

8. Son os cargos públicos os primeiros que teñen que dar exemplo, mais o que agocha todo isto é o FRACASO ou mesmo o DESGOBERNO existente en Meis.

9. Sabemos que o PSOE de Meis era tamén consciente deste delito e parécenos vergoñento que non se sumara ao BNG para denunciar esta situación. É unha cobardía quedarse ao marxen e non mollarse, se isto é o que van facer sempre respecto aos problemas de Meis xa sabemos que esperar deles.

Desde Meis Caderno de Bitácula, como ven sendo desde o seu comezo na crítica á xestión municipal do PP, aplaudimos a decisión do BNG no noso concello, nada fácil mais necesaria por rexeneración democrática.

Os comentarios están pechados.