A Xunta inclúe a Autovía do Salnés no plan de seguridade vial de inverno

Novembro 24th, 2014  |  Published in| the_category Sucesos

El paso inferior del macronudo de Curro ya está totalmente operativo
A Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas puxo en marcha o plan de viabilidade invernal na provincia de Pontevedra, que se manterá operativo ata o próximo 15 de marzo e que inclúe á Autovía do Salnés.
O operativo estará integrado por 15 máquinas, camións e retros para o pulo e a retirada de neve ou xeo. Nestes traballos participarán máis de cen persoas, que se ocuparán de 1.200 quilómetros de estradas e co centro de operacións en varias sedes entre as que se encontra a de Mosteiro da AG-41.
Con este operativo pretenden organizar os mecanismos de actuación dos recursos dispoñibles co propósito de garantir e mellorar as condicións viarias na rede de estradas, que se poden ver dificultadas no inverno pola presenza de fortes chuvias, formación de placas de xeo ou neve.
FONTE: Diario de Arousa

Os comentarios están pechados.