As depuradoras de Meis: outro fiasco do Concello e de Pérez Estévez

Novembro 12th, 2014  |  Published in| the_category Concello, Ecoloxía, Política

P1080723.Deouradora en Paiendes

Ao igual que comentabamos as semanas pasadas co estado de abandono das paraxes turísticas (A Ruta do Río Armenteira ou Pedra e da Auga, As Aceñas, Ruta de Pontecañón, etc) por parte do Concello de Meis e do noso alcalde e denunciados no seu momento polo BNG de Meis, hoxe, tanto o BNG como outros veciños, nos mandan imaxes do estado de abandono das depuradoras municipais. De xeito xeralizado as depuradoras presentan unha imaxe de abandono e descoido, con tubeiras tiradas dentro dos recintos, arquetas que parecen en desuso ou non se sabe a que poden estar conectadas (non parecen conectadas a nada).
A que mellor aspecto ten é a que linda con Ribadumia, que non se sabe seguro se pertence a Meis, está xusto na ponte de Lois.
A de Santo Tomé, preto da Cacharola, e da ponte da vía rápida dá cheiro, aparte que había unha cañaría tirando auga sucia.
O caso máis peculiar é a de Paiendes, pois cando chegaron estaba apagada, alguén veunos chegar por alí e a puxo a funcionar. 20 minutos despois volveron pasar por alí e estaba apagada, tiráronlle fotos ao contador da depuradora e estaba a cero, ben se ve nas imaxes. Aparte disto esta depuradora, á que xa lle mangaran o motor unha vez e que agora ten unha nova instalación, ten pinta de non depurar absolutamente nada. O mecanismo que ten é de risa. Ten un rulo, que sobe a pouca merda que recolle e a deposita nunha especie de minidepósito, falamos dun caixón que como moito pode medir 40X30, que está totalmente descuberto e se pode ver, que iso non sirve para acumular un mínimo de refugallos nin de coña, terían que estar a baleiralo cada día, no caso de que a depuradora funcionase de verdade, cousa que dubidamos moito que fagan.
A depuradora ten unha pinta de ser unha batedora de merda que bota para atrás. Tamén no caso desta depuradora hai unha rede de sumidoiros que non parece conectada, tamén temos unha imaxe disto. En fin, que xa vemos como coida o alcalde o noso concello: moitos carteis de propaganda pero pouco beneficio para os veciños.

Depuradora en Paiendes.c

Depuradora en Paiendes

Depuradora Paiendes.b

P1080691.depuradora entre Lois e Ribadumia

P1080692.Depuradora Santo Tomé, preto da Cacharola

P1080693. Depuradora Santo Tomé, preto da Cacharola

P1080739.Depuradora Paiendes

P1080740.Depuradora Paiendes

P1080742. Depuradora en Paiendes

P1080744.Depuradora Paiendes

P1080748. Depuradora Paiendes

P1080677.Depuradora Aceñas

P1080680. Depuradora Aceñas

P1080690.depuradora entre Lois e Ribadumia

Os comentarios están pechados.