Meis facilita as compras de galo de curral na terceira edición da súa feira

Novembro 7th, 2014  |  Published in| the_category Concello, Festas

galos

Meis celebra o 20 de decembro a terceira edición da Feira do Galo de Curral. O Concello e os criadores optaron porque o evento sexa un sábado para facilitar a asistencia tanto dos vendedores como dos interesados en adquirir algún exemplar.

A principal novidade deste ano é que os compradores poden encargar os seus galos por adiantado e recollelos posteriormente na feira, así como encargalos na feira e recollelos despois.

Unha veintena de veciños de Meis crían galo de curral -con alimentación natural e amplos espazos ao aire libre nas súas hortas- que se venden despois nas vésperas de Nadal.

A iniciativa foi do Concello, que ata organizou visitas dos criadores meisinos a Vila de Cruces -onde este tipo de crianza do galo ten unha gran tradición-, así como unha dos responsables da asociación de Vila de Cruces a Meis. Tamén se intentou formar unha asociación de criadores na localidade arousana, aínda que finalmente non prosperou.

FONTE: Faro de Vigo

Os comentarios están pechados.