Impresionante organización do Concello ao cobrar aos/ás veciños/as unha viaxe e a “colaboración” dun “coaching” para o maior redimento da clase proletaria

Novembro 4th, 2014  |  Published in| the_category Concello

casa d patrón
Meis organiza este mes unha excursión a Lalín e un taller intensivo de ´coaching ´

O Concello de Meis organiza unha excursión a Lalín o 22 de novembro (sábado). Algúns dos puntos que se visitarán son o Pazo de Anzuxao, onde se encontra unha fábrica de queixos, e a “Casa do Patrón”, un museo etnográfico que recorda as antigas escolas. Os interesados teñen que anotarse no Concello, e a data límite é o día 18. O prezo é de 20 euros por persoa.

Por outra parte, o Concello colabora na celebración dun curso de introdución ao “coaching”. Impártese na casa dá cultura o 14 de novembro e dura dúas horas. Os interesados teñen que dirixirse á OMIX antes do 10 de novembro.

O taller celébrase no marco do programa Activa, que impulsa a Dirección de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta.

O “coaching” está moi en voga no mundo empresarial, e componse dunha serie de técnicas utilizadas polo “coach” (adestrador) para motivar os traballadores e sacar o máximo rendemento das súas habilidades.

FONTE: Faro de Vigo

Os comentarios están pechados.