Actualizan os prezos das actividades culturais e deportivas para este curso

Outubro 24th, 2014  |  Published in| the_category Concello

concello1 O Concello de Meis actualizou os prezos públicos do catálogo de actividades culturais e deportivas para este curso 2014-2015. As novas táboas foron aprobadas pola xunta local de goberno, por delegación do Pleno, e publicadas onte a través do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP).
Desta forma, as actividades para adultos quedan como segue: Aerobic, 15 euros ao mes; patinaxe, 10 euros por mes; pilates, 15 euros mensuais; psicomotricidade para maiores de 65 anos, 5 euros por cada mes; GAP, 15 euros en cada mensualidade; e ximnasio, 20 euros mensuais.
En canto a actividades para nenos, natación terá un custo de 9,20 euros ao mes, con 50 euros ao ano para o servizo de autobús. Patinaxe terá un custo de 10 euros ao mes e multideporte, 15 euros mensuais. Fútbol sala, tenis e baloncesto terán este mesmo prezo.
A ludoteca “Ludomeis Extraescolar” será de 30 euros por trimestre e a de verán, de 30 euros por quincena.
Para o resto de actividades hai unha escala de prezos, coincidindo horas e prezos nun incremento de cinco en cinco: Ata cinco horas cobraranse cinco euros, ata 10, 10, etc.

Descontos
Para todas as actividades deportivas, a asistencia a máis dunha levará consigo un desconto de dous euros ao mes, agás nas propostas para menores de 15 anos, nos que a rebaixa será dun euro. Tamén haberá descontos aplicables a familias numerosas (50%) e de tres euros no caso de que participen varias persoas dunha mesma unidade familiar.

FONTE: Diario de Arousa

Os comentarios están pechados.