Mentres que o PP recorta en gastos sociais gastan en Meis 221.000 € en asfaltar camiños de terra

Agosto 31st, 2014  |  Published in| the_category Política

meis-recibe Meis recibe 221.000 euros para pavimentar nove pistas de Paradela e A Armenteira
O paquete de obras, financiadas pola Deputación, inclúe asfaltados en camiños que agora están con terra

O Concello de Meis dispoñerá dunha subvención de 221.571 euros para a mellora de varias pistas municipais nas parroquias de Paradela e A Armenteira. A xunta de goberno da Deputación aprobou a concesión desta axuda no marco do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais. As obras afectan a un total de nove viais que na actualidade presentan serios danos na súa capa de rodadura, polo que se procederá á renovación do pavimento.
Concretamente, actuarase nas pistas de acceso a Lantañón, Fondouxo, Mouxán e Quintáns, e nos viais de Muíño de Arriba a Outeiro, de Muíño de Arriba a ponte Nova, e Das portelas a Pompeán, todas elas na parroquia de Paradela. No caso das pistas da Armenteira, actuarase nas de Cabeza de Boi e Fofán.
O órgano que preside Rafael Louzán explica que en todos os casos se realizarán traballos de limpeza e rozado das cunetas, para proceder posteriormente á dotación dunha nova capa de pavimento con aglomerado en quente.
A maiores, nos camiños que actualmente están sen asfaltar, se acondicionará o terreo, se dotará de varias capas de zahorra artificial e se procederá finalmente ao pavimentado, tamén con aglomerado en quente. Con estas obras preténdese mellorar a calidade de vida nas zonas rurais.

FONTE: Faro de Vigo

Os comentarios están pechados.