Os comuneiros renuncian a limitar o paso a ciclistas no monte Castrove Os cartaces serán corrixidos nos próximos días. Desconvocase a protesta prevista para mañá ante o centro BTT

Agosto 23rd, 2014  |  Published in| the_category Ecoloxía, Economía

comuneros-renuncian Os comuneiros dos montes da Armenteira e Silván, no Concello de Meis, renunciaron a limitar o acceso de ciclistas en determinadas pistas forestais despois do encontro mantido na noite do xoves con representantes do Centro BTT do Salnés e co alcalde do municipio, José Luis Pérez. Este último apuntaba onte a que o acontecido se debeu a “un erro puntual dunha persoa que vai ser emendado retirando dos carteis a prohibición de que os ciclistas poidan circular libremente polo monte Castrove e só prohibirase a presenza de vehículos a motor”.
Insiste o rexedor que a intención dos cartaces tiña como único obxectivo “evitar a posta en risco da integridade física dos ciclistas mentres se realizan actividades de caza, como pode ser unha batida de xabaril; agora só advertirase da presenza de cazadores cando sexa necesario, polo que se algunha persoa decide continuar por esa zona, será baixo a súa conta e risco,”. Entende que, unha vez solucionada esta situación “deben ser a educación e o sentido común os que permitan que todos poidan gozar do monte”.
É máis, o rexedor invita a seguir visitando “as rutas da zona, tanto a pé coma en bicicleta, respectando o monte, circulando por pistas e camiños, e evitando percorrer monte a través e devasas,”.
Ante esta nova postura do Concello de Meis e dos comuneros, a protesta convocada para mañá ás 11,00 horas ante o centro BTT do Salnés quedou desconvocada. A aparición destes carteis en varias pistas forestais desatou un importante malestar entre o gran número de persoas que practican bicicleta de montaña no Monte Castrove, unha actividade que se encontra en auxe.

FONTE: Faro de Vigo

Os comentarios están pechados.