A “XIV Festa de Carne de Poldro” preparará mil porcións para o seu despacho este venres

Agosto 14th, 2014  |  Published in| the_category Sociedade

Los más de cuatrocientos kilos de carne de potro elaborados, se agotaron. O Mosteiro (Meis) acollerá este próximo venres, día 15, a “XIV Festa de Carne de Poldro” e os actos da “Feira Anual do Cabalo”. Organizada pola comisión de festas “Nosa Señora do Carme”, a feira leva por título “Equicarmen” e promete unha xornada repleta de actos.
A cita gastronómica despachará ao redor de mil porcións. Cada comensal pagará oito euros e terá dereito a unha porción de empanada, outra de carne ao forno, unha de pan e unha botella de viño. O despacho de comida arrancará a partir das 13 horas, no arboredo da antiga feira.
Xa no ámbito do recinto de gando se celebrará a feira do cabalo, con inscricións a partir das 9:30 horas. Pola mañá haberá tempo de premiar os tres mellores equinos en cada unha das doce categorías propostas. Pola tarde, aínda se fallarán outras seis.
As festas seguirán a partir do domingo 17, con inchables e xogos para nenos dende as catro e media da tarde e xa o xoves 21 con verbena con Panorama e Marbella. O venres 22 actuarán as orquestras Alkar e Pontevedra.

FONTE: Diario de Arousa

Os comentarios están pechados.