Mariano Rajoy por Meis

Agosto 12th, 2014  |  Published in| the_category Personaxes

PRESIDENTE MARIANO RAJOY PASEANDO POLA RUTA DA PEDRA E DA AUGA M Tras dúas horas de marcha e deixando atrás algo máis dunha ducia de quilómetros, fixeron un alto para almorzar no bar “O Comercio”, ao pé do mosteiro da Armenteira (Meis).
O xantar, frugal: Un café con leite, zume e torradas, antes de reiniciar a marcha e desfacer camiño, tamén a pé, en dirección de volta a Ribadumia.
O seu tránsito polos sendeiros rurais non pasou desapercibido para moitos dos asiduos da ruta, malia a absoluta discreción con que era seguido e precedido por persoal do correspondente operativo de seguridade.

FONTE: Diario de Arousa

Os comentarios están pechados.