Inmobilizan en Pontevedra unha ambulancia con ´ graves deficiencias ´ que saíu de Meis

Agosto 12th, 2014  |  Published in| the_category Sucesos

inmovilizan-pontevedra O vehículo sanitario estaba catalogado como furgoneta para uso particular e tiña a ITV sen pasar »Sus medicamentos e agullas estaban caducados dende hai anos A Policía Local de Pontevedra inmobilizou dúas ambulancias que circulaban pola cidade sen a ITV en vigor, falsificacións no comprobante de Inspección Técnico-Sanitaria e material médico caducado, entre outras deficiencias “graves”. Unha delas, procedente de Meis, transportaba unha persoa a un centro de rehabilitación da capital. Ambos os dous vehículos foron trasladados pola grúa ao depósito municipal e os axentes tramitaron as denuncias administrativas correspondentes. Os feitos producíronse o pasado día 6 cando unha patrulla deu o alto a unha primeira ambulancia que circulaba sobre as 09.55 horas

pola rúa Fernández Ladreda, transportando unha persoa procedente de Meis a un centro de rehabilitación de Pontevedra. Non pasou a ITV Atendendo ao requirimento dos axentes para presentar a documentación do vehículo, o condutor presentou “unicamente unha fotocopia” da ficha técnica, na que constaba a ITV caducada. Como resultado da inspección, a patrulla advertiu que o vehículo estaba catalogado como “furgoneta para uso particular, sen referencia á prestación de servizos como ambulancia, transporte sanitario ou servizo público”, segundo fontes da Policía Local de Pontevedra. Os axentes tamén apreciaron que a devandita ambulancia tiña “prohibida a circulación” dende 2011 e que carece de permiso de circulación. En canto ás falsificacións, o orixinal do libro de Inspección Técnico-Sanitaria correspondía “a outro vehículo”, ao igual que o libro de reclamacións. Medicamentos caducados O vehículo tampouco cumpría coa normativa en materia de características técnicas, equipamento sanitario e dotación de persoal dos vehículos de transporte sanitario por estrada. Así, carecía de rexistro de desinfeccións do habitáculo e do equipamento. Ademais, os axentes acharon “numeroso equipamento, medicamentos e agullas” caducados, algúns “dende hai anos”, engadiron dende a Policía Local de Pontevedra. Unha segunda ambulancia Tras a localización dunha primeira ambulancia circulando nestas condicións, os axentes localizaron un segundo vehículo destas características na cidade do Lérez que presentaba idénticas irregularidades. FONTE: Faro de Vigo

Os comentarios están pechados.