O mosteiro da Armenteira consolídase como polo turístico tras a mellora executada

Agosto 7th, 2014  |  Published in| the_category Economía

monasterio-armenteira A Armenteira consolídase como un dos principais destinos do Salnés en turismo cultural tras as obras de mellora levadas a cabo pola Xunta de Galicia na igrexa do mosteiro, de estilo románico. O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez visitou onte o templo en compañía do presidente da Deputación, Rafael Louzán.
Ambos os dous dirixentes viron os traballos realizados durante os últimos meses no templo, e que custaron 350.000 euros, financiados pola Consellería de Cultura. Unhas obras que se suman ás xa executadas nos últimos anos pola Deputación, e que supuxeron un investimento de case dous millóns de euros.
Os traballos que visitaron onte Jesús Vázquez e Louzán consistiron na limpeza interior e exterior da pedra da igrexa, a restauración da fachada, a mellora da iluminación interior e exterior, a renovación das carpintarías e do pavimento tanto interior coma exterior, mellorando de paso a drenaxe e habilitando ramplas para o paso de persoas minusválidas ou con mobilidade reducida.
Tamén se procedeu ao soterrado do cableado eléctrico e reparouse un tramo do muro perimetral do terreo do mosteiro. Con anterioridade, a Deputación realizara traballos que permitiron eliminar as humedades e filtracións de auga que se producían polos teitos e paredes.
Louzán recorda que a Deputación tamén está a financiar con medio millón de euros a mellora dun dos accesos ao mosteiro, e que tamén dará servizo á Pousada. Con anterioridade xa investírase outro millón na reforma dunha das estradas de acceso ao conxunto monumental, construíuse un aparcadoiro no exterior do adro e habilitouse no recinto unha oficina de turismo.

FONTE: Faro de Vigo

Os comentarios están pechados.