O Pleno do 29 de xullo, máis do mesmo. O Goberno Municipal do PP sen iniciativas

Xullo 31st, 2014  |  Published in| the_category Concello, Política

pilaA concelleira do BNG, Pilar Xiráldez, nunha das últimas concentracións en solidaridade co pobo palestino

O pasado martes 29 celebrouse Pleno Ordinario. Unha vez máis confirma o baleiro político ao que nos leva o Partido Popular de Meis. Na orde do día había 9 puntos:
– Toma de posesión do novo do PSOE.
– Aprobación da conta xeral do orzamento do 2013. O PP votou a favor mais o BNG e o PSOE abstivéronse.
– Proposta sobre festas locais. Cambiouse San Bieito polo mércores de Cinza porque cae en sábado. Votouse por unanimidade.
E xa está, o resto dos puntos era dar conta de informes de tesoureria, intervención, seguemento do plan de axuste, etc.

O Bloque Nacionalista Galego presentara dúas mocións polo rexistro, mais como ven sendo habitual desde hai anos o PP despreza todo o que veña e non as fai constar na orde do día. É unha das moitas anomalías democráticas que sofremos os veciños e as veciñas de de Meis.
As inundacións no lugar do Porrelo pouco importa aos populares.

O PSOE presentou por urxencia unha para evitar a desaparición do Partido Xudicial de Cambados.A proposta contou co voto favorábel de todos os concelleiros de Meis.

O PP presentou unha por urxencia, á da reforma da lei electoral. Aquí o BNG tivo un debate co señor alcalde bastante grande. A Concelleira do Bloque, Pilar Xiráldez, argumentou que:
-Hai eivas mais importante (participacion da cidadanía, referendos, orzamentos participativos, transparencia na xestión, etc).
– O que está no fondo é obstaculizar a pluralidade política e favorecer que unha parte minoritaria poida gobernar ao seu antollo…
– A maior concentración de poder e menos mecanismos de control e participación de todas as forzas políticas na xestión municipal incrementa as decisións arbitrarias, fraudulentas e corruptas.

A falla de argumentación do Alcalde de Meis, fixo unha vez máis que se saise polos outeiros de Cuspedriños, que se Quintana e o bipartito. Outra vez José Luís Pérez Estévez co se disco raiado.

No tema de Rogos e preguntas, o BNG levou as seguintes,

1. Os colectores do lixo do colexio. O alcalde dixo que non tiña constancia, que xa pasara en outros sitios e que avisaran polas casas de arredor. Houbo un pequeno debate sobre se era eficiente as campañas ou se había que poñer sancións. O BNG solicitou que lle deran un aviso ás casas de por alí.

2. Subvención da Deputación para a Casa de Escudeiro.
– Están xa adxudicadas as obras?. O alcalde contestou que “Non“.
– Cando empezarán as obras? “Non sabe“.
– Van poder todas as asociacións do Concello facer uso do local? Resposta: ben non sei se poderán, faremos o que se poida porque o sitio non é para moita xente porque ten o teito de madeira….(mais ou menos)
– Segue previsto ubicar a oficina de turismo? Non se sabe, estase pensando fárase o que poidan.

3. Polígono Meis- Barro.
– Cantas empresas hai en Meis ou que previsións hai?
Hai negociacións con dúas ou tres, pero non hai compromiso de poñer cartos polo que mentres non haxa compromiso de poñer cartos …
– Que empresas son? Nesta a verdade que dixo o nome dunha empresa e outra que era a de biomasa pero como non tiña axudas que non sabía.

4. Situación lamentábel da rúa de detras do super.
O BNG pideu o arranxo inmediato. Non houbo resposta, o alcalde dixo que si coa cabeza.

5. O BNG preguntou por unha compra de terreos en Monte de Casa por valor de 30.0000 euros que viña nun decreto.
Polo visto é para mellorar a seguridade vial. O alcalde dixo que nun fúturo estaba previsto cambiar a pista e ampliar o campo da festa.

6. En canto á selección dos traballadores do concello. Preguntei primeiro se estaban publicadas as bases e os criterios de selección. Saliu a secretaria dicindo que non era necesario publicalas que os mandaba o INEM de Cambados. Enton Pilar Xiráldez preguntou como era? se eles mandaban a oferta e o INEM mandaba persoas que estiveran apuntadas. O alcalde repostou que si, primeiro mandanlle unha carta do INEM. O BNG lembrou que o INEM mandaría varias e había que seleccionar e a secretaria non lle quedou mais remedio que dicir que si que iso o facia o concello.
Enton o Bloque pregunta quen selecciona e o alcalde contesta que traballadores do concello que non pode estar ningún politico.
Pero enton se hai selecion ten que haber unhas bases. SI pero non fai falta publicalas, pero a concelleira nacionalista pregunta onde están?
O alcalde responde que están a disposición dos interesados que poden vir a preguntar e que poden estar nalgún expediente.

A todo isto o Alcalde dixo que con estas cousas a xente protestaba sen saber e que escribía anónimos. Pilar Xiráldez contestoulle que para evitar estas cousas o mellor era publicar as bases e a oferta aínda que non fora obrigatorio.

Os comentarios están pechados.