San Vicente de Nogueira loce a súa bela alfombra de flores no día do Corpus

Xuño 30th, 2014  |  Published in| the_category Eventos

Unha trintena de veciños confeccionouna durante a noite »Paradela tamén únese á tradición

Modesta pero espectacular. Así se pode definir a vistosa alfombra floral que onte luciu ante o templo parroquial de San Vicente de Nogueira, en Meis, despois dunha intensa noite de traballo na que participaron os veciños para conmemorar o Corpus Christi.

A idea de confeccionar esta alfombra naceu hai 33 anos por iniciativa dun grupo de mulleres que decidiron unir esforzos para decorar con flores o tramo que discorre entre o cruceiro e a igrexa parroquial.

Dende o ano 1982, os veciños desta parroquia meisina recollen follas de diferentes flores e arbustos e reúnense os días previos para preparar o deseño e as cores elixidas para a ocasión.

Nesta ocasión foron 30 os responsables do artístico traballo, que luciu de forma espectacular ao paso da procesión que se celebrou onte pola mañá.

Tamén foi moi orixinal a alfombra de Paradela.

FONTE: Faro de Vigo

Os comentarios están pechados.