Paradela confecciona a súa alfombra para a procesión do Corpus

Xuño 27th, 2014  |  Published in| the_category Eventos

A confraría da Semana Santa de Paradela traballa estes días na confección da alfombra floral que adornará a celebración do Corpus, que nesta parroquia de Meis se festexa

o domingo. A alfombra colocarase no percorrido da procesión (entre a igrexa parroquial e o cruceiro) e aínda que os traballos xa empezaron, o groso destes realizaranse dende o sábado pola tarde. A confraría admite colaboradores doutras parroquias. FONTE: Faro de Vigo

Os comentarios están pechados.