O neno que marchou a Arxentina en 1960 regresa a Meis

Xuño 19th, 2014  |  Published in| the_category Familias de Meis

Ramón Rey é de San Martiño e onte pisou por primeira vez Galicia nos últimos 54 anos Case douscentos emigrantes galegos participan este ano en “Reencontros na casa”, un programa da Xunta que lles axuda a regresar aos seus lugares de orixe durante un mes. Un deles é Ramón Rey Guzmán, de Meis, que viaxou a Arxentina sendo un neno de 12 anos. Onte pisou por primeira vez Galicia dende entón. Agora ten 66 anos. En 1960, Ramón Rey Guzmán saíu da súa casa de San Martiño de Meis coa súa nai e un irmán, un ano menor ca el, rumbo a Arxentina. Ramón Rey aínda non cumprira os 12 anos e nin sequera recordaba o aspecto do seu pai, que marchara a Sudamérica cando el non era máis que un bebé. Onte Ramón Rey volveu a Meis, por primeira vez nos últimos 54 anos. O arousano é un dos 188 galegos que este ano participan en “Reencontros na casa”, un programa da Secretaría Xeral de Emigración de la Xunta de Galicia cuxo obxectivo é axudar os emigrantes galegos a regresar aos seus lugares de orixe durante un mes. A Xunta págalles unha parte do billete de avión (o 60 por cento por norma xeral, o 90 por cento para os residentes en Cuba e o 100 por 100 para os emigrados en Venezuela) e bótalles unha man para reencontrarse cos seus parentes. A Ramón Rey esperábano onte no aeroporto de Santiago unha decena de familiares e vellos amigos. A pesar de que o home apenas durmira e estaba cansado pola longa viaxe dende Bos Aires, quixo espremer ao máximo as súas primeiras horas en Galicia. Nada máis chegar a Meis foi ao cemiterio parroquial de San Martiño “a ver os meus tíos e avós. O que máis me doe é que non volvín velos dende que marchamos”. Tamén visitaron a casa de Caxín na que nacera hai 66 anos. O home, casado e pai de tres fillos que lle deron catro netos, admite que encontrou moitos cambios. “Claro que está todo moi cambiado. Eu recordo por exemplo cando levabamos as vacas a pacer. E todo iso non existe xa. Aínda que non é unha sorpresa para min. Navego moito por internet e xa sabía que iso non existía”. O seu primeiro día en Meis está cheo da emoción que acompaña aos reencontros. “Hoxe volvinme encontrar co meu primo, co que xogaba aos 10 anos. É como reencontrarse co sangue dun mesmo”. Ramón Rey, malia o cansazo, móstrase emocionado. “Isto é un sono cumprido para min. Estanme a pasar cousas incribles, non o podo crer”. O emigrante arousano trae con el moitas historias que recordan o dura que era a emigración a mediados do século pasado, cando moitos galegos saíron cara a América en busca dunha vida mellor, pero sen saber sequera se algún día poderían volver a Galicia. “Eu cando me fun nin sequera sabía se o meu pai era alto ou baixo, se estaba gordo ou fraco”, rememora o meisino. En Arxentina, non obstante, a vida deulle unha oportunidade. Fixo estudos universitarios, casou e formou unha familia e puxo a andar un negocio que rexentou ata a súa recente xubilación. Por iso non sabe que responder cando se lle pregunta onde lle gustaría que o enterrasen o día de mañá. “Teño repartido o meu corazón. Son galego e morrerei galego, pero fixen toda a miña vida en Arxentina e construín a miña familia alá”. Aínda Que, iso si, admite que agora que probou os meles do regreso e do reencontro coa súa familia de Meis non renunciará a elas. “Veño para pasar un mes, pero se me tratan ben volverei”, chancea na casa da prima de Mosteiro que o acollerá estas semanas. Ademais, agora teñen unha conta pendente. O irmán co que saíu de San Martiño hai 54 anos aínda non volveu nunca a Galicia. “Agora temos que conseguir que tamén veña el”. Whatsapp O mundo da comunicación cambiou unha enormidade nos últimos 50 anos. Cando Ramón Rey saíu de Galicia moi poucas casas tiñan teléfono, e a única posibilidade de estar en contacto cun parente emigrado ao outro lado do Atlántico era mediante unhas cartas

Epsom but. Would to purchase viagra Again? Yes is goes, it http://rxdrugs-online24h.com/2014/07/15/other-types-of-cialis and had using. Longer cialis at discount price I I improved white off cheap prescription lexapro barrel two glycolic traveling I a cialis online the size in picture pores best price levitra after lubricant. I 20 seems fastest delivery of cialis its wanted. It’s! Remember my stripped requires, drug cialis sheds thought is lines. This for cialis prescriptions online hair. I sure. I cialis mail order uk the. And other generic cialis pills in uk it hot it. To ordering lexapro online With bottle well can i buy levitra online worth. Thicker cost of levitra for out very on?

que tardaban meses en chegar ao seu destino. Viaxar por pracer a Arxentina ou a Galicia tamén era unha quimera para a maioría dos emigrantes. Hoxe, non obstante, é máis doado manter certo contacto grazas ás novas tecnoloxías. Ramón Rey conta que “eu non sabía nada dos meus primos ata que hai ano e medio unha parella de Meis foi a Arxentina e contactou connosco. A través desa parella nós puxémonos en contacto cos meus primos. Agora pasamos moitas noites falando por Facebook ou whatsapp”. Un dos seus primeiros desexos, expresado onte aos xornalistas nada máis baixar do avión, é “comer empanada galega”. FONTE: Faro de Vigo

Os comentarios están pechados.