A Deputación e Medio asinan o convenio que permite levantar unha rotonda na Goulla

Xuño 18th, 2014  |  Published in| the_category Política

O cruzamento da PO-531 na Goulla (Meis) coa EP-9508 cara a Lois (Ribadumia) terá unha rotonda para mellorar as condicións de seguridade vial. O proxecto viu onte a luz verde definitiva coa firma dun convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas, titulares, das estradas.
A rúbrica protagonizárona Rafael Louzán e Agustín Hernández, responsables de ambos os dous departamentos, que reparte as funcións para sacar adiante os traballos.
A Xunta será a encargada de elaborar o proxecto, poñer a disposición os terreos e asumir a infraestrutura unha vez lista. A Deputación licitará os traballos, executará e dirixirá a obra e financiará os 140.130 euros nos que foi presupostada a actuación.

punto negro
A intersección en cuestión é considerada un punto negro, ao rexistrar varios accidentes, nun tramo en curva con pouca visibilidade, regulada actualmente con carrís centrais de espera.
A estrada xeral Vilagarcía-Pontevedra ten unha intensidade media de 19.942 vehículos diarios, máis que moitas autovías e autoestradas en España, segundo os datos feitos públicos onte. Ademais, o 9% dos automóbiles son tráfico pesado.
Pola súa banda, o vial secundario cara a Lois conta cunha intensidade media diaria de 4.143 vehículos, correspondendo o 7,5% ao tráfico pesado.

FONTE: Diario de Arousa

Os comentarios están pechados.