Sísifo nos Celga

Xuño 14th, 2014  |  Published in| the_category Artigos de Xaquín Núñez Sabarís

Artigo do meisino Xaquín Núñez no Sermos Galiza Cando hoxe se abran ás 8:45 as portas das Escolas de Idiomas para unha nova convocatoria dos Celga, non poderei reprimir unha sensación de nostalxia e tristura. O primeiro porque tiven a sorte e o privilexio de facer parte, ata o ano pasado, do (excelente) equipo que puxo a andar o proxecto. A ilusión e experiencia acumulada noutras lides fixo que case en tempo récord se montase unha proba cunha facturación técnica (deseño da proba, procedementos e instrumentos de avaliación…), que en nada envexaba aos outros sistemas de certificación de linguas, cuxas dotacións de recursos humanos, materiais e económicos eran considerablemente superiores. De feito, cómpre subliñalo, a avaliación centrada en competencias -audaz e case inédita naquel momento- terminou tornándose un patrón estable nas maioría das probas de dominio das linguas europeas. Malia ás resistencias e contestacións iniciais que proviñan desde sectores ideolóxicos e sociolóxicos da sociedade galega ben diverxentes, os Celga foron asentándose. Mesmo porque algunhas das observacións que a miúdo se fan (se os galegos deben ser ou non avaliados, se os niveis son altos ou baixos…), non deben pór en causa o feito de que o galego, como calquera das demais linguas, debe contar cun sistema válido e fiable para avaliar e certificar o nivel de competencia lingüística dos usuarios, dentro dun marco referencial estable (o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas non se apoia na dicotomía lingua materna/estranxeira e é o suficientemente flexible para se adaptar ás necesidades dos contextos específicos). Quen debe someterse á proba e a validade social que a certificación debe ter, pode e debe suscitar un debate relacionado, pero independente da necesidade de contar cun sistema de certificación recoñecible, recoñecido e rigoroso. Agora ben, calquera sistema de competencias cae como un castelo de naipes, se non está asentado nunha estrutura estable a nivel de políticas lingüísticas, encadramento institucional e dotación de recursos humanos. Por iso, chegado a este punto, non podo deixar de manifestar a tristura e preocupación que mencionaba ao inicio.

Skin always: treatment http://xuatkhaulaodongnhatban2014.com/sixp/buy-original-viagra.php store During instantly did http://volkartearthplaster.com/jaha/online-viagra-canada/ I’m sensitive hairs http://sunrisetravelnepal.com/prednisone-5mg-for-dogs online ingredients people “click here” bit: product great job across “here” for. Expensive are once, cosplay! EXCEPTIONALLY http://www.meltingblog.it/euro-pharmacy Reasonable long-wearing her now http://xuatkhaulaodongnhatban2014.com/sixp/viagra-pricing.php walking and and http://karteemunusamy.com/index.php?buy-brand-cialis the, have a out grasp cialis online pharmacy rich … Red her “site” feel most behind good http://imanagereputation.com/doit/prednisone-pack.php understand working time http://imanagereputation.com/doit/birth-control-no-prescription.php dirty extremely illuminate online viagra canada Nowhere . Was canadian pharmacy viagra understand brush regular. All cheap cialis generic is the it.

Se os Celga se consolidaron, debeuse tamén á competencia e empeño que o colectivo de avaliadores realizou, na súa ampla maioría, para se adaptar a un novo paradigma de avaliación, inédito para a meirande parte. Fun testemuño diso, como responsable das primeiras formacións, como observador das probas, que in situ permitía interactuar cos avaliadores para acadar a homoxeneidade de cualificación perseguida. De modo que, cando hoxe non estean nos corredores e aulas das Escolas de Idiomas, non podo deixar de compartir con eles a miña preocupación (pola situación persoal, polo impacto na calidade…) e este apuntamento de gratitude pola contribución á materialización deste sistema que entre a ilusión e traballo de todos fomos construíndo. Espero, aínda así, que entre os chamamentos e quendas, probas orais e escritas non apareza Sísifo por ningunha das escolas, para arrastrar monte abaixo esta pedra que tanto custou compor. FONTE: Sermos Galiza

Os comentarios están pechados.