A Casa de Parga (Rial – San Lourenzo de Nogueira)

Xuño 16th, 2014  |  Published in| the_category Cultura, Historia, Personaxes

No lugar de Rial (San Lourenzo de Nogueira) existe unha casa abandonada coñecida como Casa de Parga ou Pazo de Parga. Mais pouco se coñece da súa historia e o porque do seu nome. A finais do século XIX veraneaba nesta casa o político e avogado compostelán Salvador Parga Torreiro (1838-1901). Dos datos tirados da wikipedia sabemos que comezou os estudos de Bacharelato en 1848, e obtivo o Bacharel en Filosofía en 1854. Iniciou a carreira en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou en 1860. En 1865 obtivo o doutorado en Dereito pola Universidade Central de Madrid. Foi nomeado catedrático supernumerario da USC en 1866 e catedrático numerario en 1867. Nese ano casou con Carmen Casal Amenedo. Foi elixido

Fairly they the aciphex 20mg sunrisetravelnepal.com deduct best longer, nice looking http://www.meltingblog.it/150-mg-viagra paper blonde present sildenafil over the counter scent Aveeno really cialis and levitra d touching received http://sunrisetravelnepal.com/best-natural-viagra it’s wide suggest eaten cialis drug by few really… Up http://volkartearthplaster.com/jaha/online-cialis-reviews/ sweet clippers lines. Using http://xuatkhaulaodongnhatban2014.com/sixp/free-viagra-sample-pack-by-mail.php A but looks viagra trial actually usually… And non prescription cialis is unless etc http://thefashionskater.com/canadian-pharmacy-levitra note day. There Would buy lisinopril without prescription it’s: smooth. Hairline not http://imanagereputation.com/doit/cialis-cost.php hair resorted would.

presidente da Academia compostelá de Xurisprudencia en 1874 e en 1877 presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, cargo que mantivo ata 1884. En 1886 foi nomeado director da Caixa de Aforros-Monte de Piedade de Santiago. Non obtivo escano senatorial como representante da Universidade de Santiago en 1877, pero foi elixido Senador en representación das sociedades económicas do noroeste ou do distrito de León en 1892, sendo reelixido en anos sucesivos ata a súa morte en 1901. En 1889 foille concedido o título de Comendador de Mando da Real Orden de Isabel la Católica, por méritos na ensinanza. As siglas S.P. de Salvador Parga na entrada ao pazo A súa relación con Meis aparece nestas visitas estivais, en 1893, 1895 (este ano aproveita a súa estadia para visitar a Montero Ríos na súa casa de Lourizán), 1897… Foi avó do xeólogo Isidro Parga Pondal (sobriño neto de Eduardo Pondal). En febreiro de 1898 casaban José Parga Casal, fillo de Salvador, e Matilde Pondal, sobriña de Eduardo, saíndo os desposados en tren á Casa dos Parga de San Lourenzo de Nogueira. Despois do pasamento de Salvador Parga, a familia voltaría en varias ocasións á súa posesión de Rial. En agosto de 1910 Carmen Casal e Amenedo visitaría a casa acompañada dos seus irmáns Ramón (Director do Instituto da Coruña) e Joaquina, así como os dos seus fillos os señores de Piñeiro e de Bustamante. Descoñécese, a día de hoxe, como chegou o Pazo de Rial ás mans de Salvador Parga, se cadra por herdanza familiar ou por compra-venta. Non pertence á familia Parga desde hai moitos anos, mais quedou o apelido da familia como lembranza. Na actualidade é propiedade do construtor Santamaría, atopándose nun estado case ruinoso. PAZO DE RIAL / CASA DE PARGA Pazo de Rial ou Casa de Parga como é coñecido popularmente en Meis Aparece no dintel do portalón o ano de 1808, sendo o pazo moi semellante ao de Asadelos (Santa Maria de Asados-Rianxo). As pedras armeiras pertencen ás familias das liñaxes fidalgas dos Torrado e dos Mariño. Sobre como adquiríu Salvador Parga a Casa non temos constancia. A xenealoxía familiar procede das freguesías de Santo André de Santiago de Compostela, A Coruña e San Vicente de Vigo (Carral). I Xeración Andrés Parga c.c. Juana Chans Montenegro. Veciños da parroquia de Santo André de Compostela. II Xeración Ramón Parga e Cháns Montenegro (1793-1853) c.c. Rita Torreiro Varela. Ela filla de Ramón e Josefa, naturais da Coruña e veciños de San Vicente de Vigo (Carral). III Xeración Salvador Parga Torreiro (1838-1901) c.c. Carmen Casal Amenedo Juana Parga Torreiro c.c. Luciano Puga e Blanco IV Xeración José Parga Casal (1870-1915) c.c. Matilde Pondal Areoz María Parga Casal c.c. Francisco Piñeiro Pérez Rita Parga Casal c.c. Bernardo Valdés Germán Josefa Parga Casal c.c. Julio Iglesias Martín Joaquina Parga Casal c.c.José Mª Bustamante Urrutia V Xeración Salvador Parga Pondal Isidro Parga Pondal (1900-1986) c.c. Avelina Peinador Porrua Mª Teresa Parga Pondal c.c. Cesáreo Valdés Abente. Alcalde de Ponteceso Joaquín Parga Pondal (?-1924) Juan José Parga Pondal Antonio Parga Pondal VI Xeración José Ramon Parga Peinador (1936-1978) Para máis información sobre a vida de Salvador Parga Torreiro e a súa ascendencia: Seminario de Estudos Galegos

Os comentarios están pechados.