A exclautración do convento de San Lourenzo de Santiago de Compostela

Xuño 11th, 2014  |  Published in| the_category Historia

A exclautración do convento de San Lourenzo de Santiago de Compostela levouse a cabo nos primeiros días do mes de setembro de 1835. Estaba formada pola Orde Franciscana e a devandita exclautración fíxose de maneira pacífica, sen violencia e atropelos. Esta comunidade de San Lourenzo estaba formado por 30 relixiosos, moitos deles da comarca do Salnés e do Barbanza, entre os que se atopaban os seguintes meisinos: Fr. Juan Ramón Barral Naceu en San Martiño de Meis o 1 de novembro de 1813. Vestiu o hábito no mesmo convento de San Lourenzo de Santiago o 29 de febreiro de 1832. Pertencía á Comunidade de San Lourenzo ao tempo da exclaustración, e retirouse á freguesía de San Martiño de Meis, onde morreu. Fr. Ramón Rodríguez Fornos Naceu en Sto. Tomé de Nogueira o 29 de maio de 1813. Vestiu o hábito na de San Lourenzo de Santiago o 22 de decembro de 1829. Pertenceu ao convento de San Lourenzo e era o capelán da freguesía de San Tomé de Nogueira en 1890. Faleceu en San Lourenzo de Nogueira o 29 de Abril de 1894 aos 81 anos de idade.

Os comentarios están pechados.