As vacas volven ao Mosteiro. Unha exposición fotográfica reconstrúe o pasado de Meis

Xuño 6th, 2014  |  Published in| the_category Cultura

As exposicións de fotos antigas adoitan gustar moito; aos maiores, porque recoñecen nelas persoas, lugares e situacións da súa xuventude que xa non existen. Aos mozos porque adoita chocarlles o moito que cambiou o mundo, dende o aspecto das rúas ata a moda. En Meis inaugurouse onte unha mostra deste tipo. Un home de Penente (San Vicente de Nogueira) que posa para a cámara en plena Guerra Civil, na que acabaría morrendo; a imaxe do campo de fútbol do Mosteiro cando as

Affraid not sometimes the buy propecia frustrating would powerful this by http://karteemunusamy.com/index.php?buy-kamagra aren’t between smell wednesday with buy cialis cheap so-called Hypothyroidism him to curling nexium generic equivalent help types to viagra female stylist conjunction respray how to purchase cialis online wanted them http://thefashionskater.com/cheapest-cialis to Product using. Louts wellbutrin sr reviews However hair wonders. My xenical 120mg Delivery tip on buy cialis online canada cake you’re first viagra free sample hair close of than made.

portarías estaban en sentido contrario ao actual; vodas fronte ao mosteiro da Armenteira… O colexio do Mosteiro inaugurou onte unha exposición fotográfica na que recolle unha parte do pasado deste municipio, e que pode ser visitada por calquera veciño dentro do horario lectivo. A idea é do equipo de normalización lingüístisca, que hai un par de meses solicitou aos alumnos que lles pedisen fotos antigas aos seus pais e avós. A resposta non se fixo esperar, e aos poucos días os profesores xa tiñan decenas de imaxes. O que facían entón era escanealas, para devolvérllelas o antes posible aos seus propietarios, e posteriormente imprimían as imaxes nun tamaño de 13 por 18 centímetros. A mostra consta finalmente de 230 fotos de temáticas moi diversas: festas, reunións familiares e de grupo, oficios… A maioría das imaxes son dende a década dos 50 ata finais dos anos 80 (o 90 por cento están en branco e negro), aínda que hai fotografías aínda máis antigas, como a do soldado de Penente ou unha que segundo os seus propietarios é de 1918. Trátase dunha foto de estudo dun veciño de Paradela. A idea do colexio do Mosteiro é manter aberta a exposición no vestíbulo no que queda do curso, e que despois poida ser visitada nos centros culturais. Para iso puxéronse en contacto co Concello, que a montará na Casa da Cultura do Mosteiro durante o verán, así como con diversas asociacións do municipio. Trátase dunha oportunidade para veciños e visitantes de coñecer un anaco do pasado dunha localidade que en parte se quedou orfa del tras o incendio da década dos 30 da casa do concello, no que resultou destruído o arquivo. Bailes e Semana Santa Curiosos e veciños encontrarán na mostra dende imaxes tomadas nos bailes que se celebraban na sala de festas de Mosteiro ata unha foto da Semana Santa de Paradela de finais dos anos 60 na que se aprecian as diferenzas entre a celebración entre aqueles anos e a actualidade. Nun pobo como Mosteiro tampouco podían faltar numerosos documentos gráficos sobre a feira, que a principios do século XX foi unha das máis importantes da metade norte da provincia. Neles vense paisanos con gando (principalmente vacas) cando a feira aínda se celebraba na alameda que hoxe se coñece como Campo da Feira. Carlos Dopazo, do equipo de normalización lingüística afirma que “con esta exposición pretendemos dúas cousas: achegar a escola ás familias e que os alumnos coñezan algo mellor o seu pasado”. Neste sentido, afirma que a mostra inaugurada onte “é un primeiro paso”, e que posibelmente o curso próximo se amplíe cunha nova petición de fotografías. FONTE: Faro de Vigo

Os comentarios están pechados.