A asociación ´ Libera ´ denuncia que nos montes da bisbarra aínda quedan cabalos con cepos

Xuño 4th, 2014  |  Published in| the_category Ecoloxía

É unha práctica perseguida e penada que se emprega dende hai décadas no Castrove e Xiabre A asociación animalista Libera denuncia que nos montes do Salnés aínda quedan cabalos provistos de cepos, pexas ou trancas, é dicir, eses dispositivos que algúns gandeiros lles colocan nas patas para limitar o seu movemento e que se considera un claro exemplo de maltrato animal. Os animalistas aluden a unha denuncia en concreto por un cabalo con trancas nas súas patas nos montes do Concello de Meis, pero recordan que esta é unha actividade practicada dende hai anos por algúns gandeiros en montes como Castrove e Xiabre. Neste sentido, inciden en que se trata dunha conduta tan repudiable como perseguida e mesmo penada, xa que a utilización dos cepos se considera delito. A xeito de exemplo, dicir que a Libera e a Fondation Franz Weber “presentaron fai tan só quince días novas denuncias na Fiscalía de Medio da provincia de Pontevedra, polo que consideran, e así refuta a Fiscalía Superior de Galiza, unha conduta cualificada cun posible delito de maltrato animal,”. O que sucede é que “a pesar de que os gandeiros poden ser condenados a penas de ata un ano de prisión por colocar cepos e outros dispositivos nas patas dos animais, a práctica aínda segue estendida en determinadas zonas”, quizais a causa de “a falta de condenas e a nula implantación do preceptivo microchip identificador no conxunto da cabana equina”, pois isto “favorece a sensación de impunidade das persoas que seguen maltratando os cabalos”. A este respecto, en Libera cuestionan o papel da Xunta de Galiza e esíxenlle maior vixilancia para

garantir o cumprimento da lei. A asociación animalista citada argumenta que o goberno autonómico pode estar “a incumprir o Dereito Comunitario, ao non poñer os medios necesarios para proceder á identificación efectiva dos cabalos da forma que obriga un regulamento da Comisión Europea”. FONTE: Faro de Vigo

Os comentarios están pechados.