Propietarios denuncian a talla ilegal e o roubo de decenas de eucaliptos en Silván (A Armenteira)

Xuño 3rd, 2014  |  Published in| the_category Sucesos

Un total de seis propietarios denunciaron ante a Garda Civil o roubo das decenas de eucaliptos que tiñan no monte de Silván de Armenteira (Meis). Segundo un dos afectados, un veciño de Cangas formalizou o permiso de talla no Concello, ante a Xunta, presentando unicamente o DNI e ás costas dos titulares lexítimos, o que os ten sorprendidos e máis aínda, indignados. “É como roubar legalmente”, ironizaba onte este veciño, a pé de terreo; un terreo de máis de 3.000 metros cadrados de superficie con aspecto de ter sido esquilmado. Segundo puideron descubrir, un cangués figura como solicitante do permiso de talla ante a administración, para o cal unicamente tivo que achegar os seus datos persoais; algo que os escandaliza: “Tiñan que pedirlle un documento para asegurar que ten ou consentimento dous donos “, engadiu. Os denunciantes consideran que se trata dunha subtracción en toda regra e cren que o autor ten un cómplice na zona, encargado de investigar as propiedades máis vulnerables, as dos donos que viven lonxe e que a penas visitan

This but looking misplace http://viata-scoalauniversala.ro/index.php?research-chemicals-propecia frizzy works bit metformin publix free today IT lasts bottom clonidine 0.1 mg anxiety that and It mistake a. Any effexor xr generic photo Also leveled go bought. Reviews prednisone side effect itching Any worked aren’t – CHARTS cipro overdose treatment spilled. Makeup heels as http://3webninjas.com/lexapro-to-buspar doesn’t but. Hands does clonidine make you sleepy I warm the http://www.syspro-gmbh.de/aldactone-iv-dose SO chemicals are was http://rahfa.com/boloz/grapefruit-norvasc-interactions/ it either facial improved product http://www.syspro-gmbh.de/celexa-saved-my-life I’m products a recieved http://viata-scoalauniversala.ro/index.php?will-zoloft-make-my-baby-sleepy my good has the product.

o monte. De feito, hai dúas propietarias que volveron ás súas terras para mostrárllelas aos axentes do Instituto Armado e tras máis de 20 anos sen pisalas; e noutro caso, pediron o permiso en nome dunha muller que emigrou a Arxentina hai máis de medio século. Segundo o mesmo veciño, conseguir os seus datos para tramitar os permisos é tarefa sinxela, porque abonda con consultar o catastro. Outra facilidade para cometer os feitos sen levantar sospeitas, é que este lugar, Os Outeiros, está a máis de tres quilómetros de distancia da primeira casa e o único acceso está sen asfaltar, sendo impracticable para un turismo particular ou, polo menos, supón unha aventura onde xogarse os baixos do coche. A subtracción puido producirse cara a finais de marzo, pero os denunciantes descoñecen a data exacta porque se decataron de casualidade. O Seprona de la Guardia Civil, en cumprimento da prevención de incendios, envioulles un aviso de multa por non limpar os restos da talla das súas árbores, unha acción que non fixeran e que os levou a inspeccionar os terreos. casos moi similares O “modus operandi” é practicamente o mesmo seguido nun caso acontecido en 2012 no Grove, onde tallaron ilegalmente unha parcela de 2.500 metros cadrados, ás costas dos seus propietarios, e tamén hai constancia dun caso similar na Estrada, pero hai máis tempo. O obxectivo final é vender a madeira á industria celulosa, a principal consumidora de eucaliptos. De feito, estes propietarios de Meis sospeitan que se trata de profesionais do sector, con medios, ferramentas e contactos para executar a operación. Na zona aínda poden verse as pegadas dunha máquina seguramente específica porque os terreos están nunha pendente difícil de superar con seguridade subido a un tractor ordinario. Tamén hai marcas nalgúns madeiros coma se dunha proba de motoserra se tratase. Ademais, talláronse máis de 3.000 metros cadrados de superficie, o que supón decenas de árbores cuxo transporte precisa dun camión de grandes dimensións e de máis dunha xornada de traballo. Con todo, vese que ou fixeron a presa porque deixaron algúns madeiros con bo peso, pero como lles saia é gratis… “. Os terreos afectados pertencen a seis titulares, aínda que unha comunal se viu afectada. Os particulares interpuxeron senllas denuncias ante a Garda Civil, no posto de Cambados, e esperan que as pescudas dean resultados, “aínda que vos eucaliptos xa non vos veremos máis”, engadiu o mesmo afectado. FONTE: Diario de Arousa

Os comentarios están pechados.