A Biblioteca do Mosteiro celebra o Día Internacional do Libro

Abril 5th, 2014  |  Published in| the_category Cultura

A biblioteca de Meis deseñou uns meses de abril e maio cargados de actividades orientadas cara aos máis novos e co obxectivo de que se sumen á lectura de libros. Esas actividades arrancaron onte, cunha sesión de contos con ritmo de instrumentos de percusión a cargo de Javier Fernández e Charo Pita, coa que se conmemorou o Día do Libro Infantil e Xuvenil. As actividades continúan todos os mércores, en especial o día 23 deste mes, coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro no que Maxín Branco presentará as historias e viaxes dun músico intrépido nas dependencias da biblioteca.

Os comentarios están pechados.