Familia Rodiño

Maio 28th, 2010  |  Published in| the_category Familias de Meis

O apelido Rodiño é moi usual na comarca do Salnés e sobre todo no concello de Meis. Sobre a orixe do mesmo, é posíbel dicir que proceda das aldeas de Rodiño Grande e de Rodiño Pequeno, na parroquia de San Breixo de Sergude, no concello de Boqueixón (A Coruña).

En 1665 o mosteiro da Armenteira nomea un foro para un lugar con ese nome.

Os primeiros portadores do apelido no concello de Meis debéronse de asentar perto da Armenteira e San Martiño de Meis, lugares onde actualmente atopamos máis persoas chamadas así. Xa no censo do Catastro da Ensenada de San Vicente de Nogueira, realizado en 1752 só atopamos como veciños da parroquia a Dominga e Manuel Rodiño. En cambio, este apelido era máis común na Armenteira onde atopamos aos seguintes: Alberta, Alberte, André, Bartolomeu, Bieito, Bernarda, Francisca Rodiño, Francisco Rudiño do Sobreiro, Francisco Rudiño Castiñeira, Gregoria Rudiño, a Xacinto Rodiño e Xacinto Rodiño Balboa, Xosefa, Matías, Paulo e Pedro Rodiño.

Caetano Rodiño e Escudero de Oubiña

Cayetano Rodiño y Escudero de Oubiña, “Aspirantes Americanos a cargos do Santo Oficio, a súas xenealoxías ascendentes”, San Juán del Río, 1783. Tomo 1300 Exp. 10 F.135

Pretensión de Don Cayetano Rodiño. Neto de Don Rosendo de Rodiño, de San Martiño de Meis, e Dona Mª Benita Escudera; por parte materna: Pedro Antonio de Oubiña, de Ribadumia e de Mª Antonia Alfonso. Nai Mª Ignacia de Oubiña

Legaxo 30, Expediente 63. 1793, March 11. King recognizes that there is no obstacle to marriage between Cayetano Rodiño, Receptor of Alcabalas and Pulques of the Partido de San Juan del Pino, and María Vicente Delgado. 1 page 4º. [Folder Number 34. 1 sheet.]

Os comentarios están pechados.