Que facemos co número 12 da praza de España?

Maio 5th, 2013  |  Published in| the_category Historia

Outro dos desastres políticos de José Luís Pérez Estévez, case 10 anos despois non se sabe para que mercaron a Casa de Escudeiro. Outro máis dos moitísimos fracasos do Partido Popular de Meis: Polígono Empresarial, Granxa de Paradela, Campo de Golf…eses grandes revulsivos que ían potenciar e desenvolver o concello.

Un día como hoxe, mais no ano 2004, e o PP de Meis…

Para iso, o Concello instalou unha urna á entrada da casa na que os visitantes poden depositar as súas suxestións. A última hora da mañá de onte, cando o pazo levaba xa varias horas aberto ao público, na urna depositouse unha única papeleta de suxestións. Con todo, espérase que ao longo dos próximos días os veciños vaian coñecendo o edificio e dando a súa opinión sobre o posible destino do mesmo. O alcalde do municipio, José Luis Pérez Estévez, ten intención de dar ao pazo un «bo uso». Será despois da rehabilitación da casa, que levará a cabo unha vez que se decida a función á que estará dedicada. O pazo atópase na céntrica praza de España de Mosteiro. Conta cun amplo patio e xardín no que se conservan os antigos cortellos, un lavadoiro e un impoñente hórreo. No interior garda a estrutura da casa tradicional, con amplas estancias en pedra e madeira.

La Voz de Galicia do 25 de Febreiro de 2004

Os comentarios están pechados.