O BNG de Meis considera ao alcalde o “único culpábel” da falta dun centro de día

Febreiro 23rd, 2013  |  Published in| the_category Política


O Bloque Nacionalista Galego de Meis acusa ao grupo de goberno que dirixe José Luis Pérez de inoperante, e entende que “o único culpable de que en Meis non haxa un centro de día é o Partido Popular, non a crise”. Hai uns días, FARO avanzou que o Concello e a Xunta descartan polo momento construír o centro de día debido ao contexto económico, pero no BNG consideran que por enriba desa eventualidade se encontra a mala xestión do alcalde. Os nacionalistas argumentan que a idea de construír un centro de día na Casa de Escudeiro se aprobou por unanimidade no pleno a raíz dunha moción do Bloque en 2008, e que durante o goberno do PSOE-BNG na Xunta o asunto se canalizou, para estancarse de novo ao gañar o PP as eleccións galegas de 2009.

Ademais, a formación que dirixe Pilar Xiráldez recorda que o deputado autonómico Bieito Lobeira preguntou no Parlamento polo proxecto do centro de día de Meis, e que alí lle indicaron que o Concello non fixera ningunha xestión.

Faro de Vigo do 23 de Febreiro do 2013

Os comentarios están pechados.