Unha granxa de Meis convértese en pioneira no uso de biomasa para calefactarse

Febreiro 19th, 2013  |  Published in| the_category Economía

Artigo de La Voz de Galicia do 04.10.2012

Co prezo da enerxía polas nubes, as empresas están a empezar a buscar alternativas aos sistemas convencionais co fin de aforrar diñeiro. O uso de biomasa como fonte de enerxía non é novo aínda que en Galicia aínda está moi pouco estendido. Unha das industrias pioneiras en recorrer a este sistema está en Meis: Agromoscoso converteuse na primeira granxa de porcos de Galicia en incorporar a biomasa para a súa produción. Unhas instalacións deste tipo necesitan unha fonte de calor constante que, ata a data, conseguía con propano. Dende que utiliza biomasa, logrou reducir os seus custos enerxéticos de 29.000 euros anuais a 13.000 euros, reducindo ademais con iso as emisións de CO2. Como combustible utiliza o Pellet, un residuo composto por restos de madeira que se obtén en serradoiros e demais industrias derivadas do sector, cuxo custo é máis barato que os combustibles tradicionais. Agromoscoso consume 300.000 quilovatios por hora só para o centro de cría e desteta.
O proxecto está financiado por FNeNergia mediante unha operación de «renting enerxético» que lle permite financiar unha instalación que ao cabo de dous anos pasará a ser propiedade da granxa. Segundo os datos ofrecidos polo xerente de FNeNergia, Manuel Souto, dos 16.000 euros que Agromoscoso consegue de aforro, o 75% dedícao a amortizar a caldeira e demais instalacións.
Segundo explica Souto, a biomasa como combustible ofrece numerosas vantaxes non só a empresas senón tamén comunidades de veciños para usos residenciais, pero a súa utilización en Galicia aínda é moi escasa en comparación con Europa.
A empresa Agromoscoso cría e engorda porcos e produce 14.000 porcos ao ano

Os comentarios están pechados.