Os nacionalistas propoñen activar o agro para saír da crise

Febreiro 19th, 2013  |  Published in| the_category Política

O BNG do Salnés lembra que o agro foi fonte de riqueza e de emprego durante moitos anos na nosa comarca.

O Salnés, a 11 de febreiro de 2013. O BNG do Salnés ven de presentar un documento onde se fai unha análise do estado actual do agro na comarca. Un estado que califica de malo xa que atopamos un sector moi debilitado pola falla de apoio para a súa promoción.

O BNG considera que o sector primario é fundamental para saír da situación económica e social calamitosa na que nos atopamos. Para que un sector como o agrario sirva de apoio na creacion de emprego necesitamos valorizalo e promocionalo. É tamén fundamental adoptar medidas que consoliden as rentas que se basean hoxe en día da produción agraria.

É por isto que o BNG ante a situación das distintas actividades que engloba o sector do agro (horta, viño e forestal) analizados na Comisión do Agro abordou a necesidade de convocar unha Mesa Sectorial Agraria Comarcal onde poidan entrar todos os axentes que poden aportar neste sentido: cooperativas, distribuidores, empresarios, sindicatos, organizacións políticas, etc.

O BNG chega á conclusión que hai un erro no enfoque dos diferentes problemas do agro en calquera das súas actividades. Tendemos a velo como algo que ten que ver unica e exclusivamente como un problema de tal ou cal actividade. É dicir, os problemas da horta non son os problemas do viño, ou do leite, ou forestais.
Mais todas e cada unha das actividades agrarias das que falamos presentan problemas semellantes como pode ser o baixo prezo final que non ten que ver co que paga o consumidor, a falla de canles de comercialización ou a falla de apoio institucional que poña ferramentas para o seu impulso.

Con este análise o BNG chega tamén á conclusión de que hai que buscar unhas pautas de actuación e melloras, de aí a necesidade de poñer en marcha unha Mesa Sectorial Agraria na que estén presentes as cooperativas, distribuidores, empresarios, sin, organizacións políticas, etc.,; conseguir que a procedencia dos produtos estea ben diferenciada ou combater o descrédito que está a sufrir a actividade agraria na actualidade.

Os comentarios están pechados.