Meis renuncia ao centro de día pola crise e pide á Xunta que lle devolva o terreo

Febreiro 17th, 2013  |  Published in| the_category Política

Outro fracaso do PP, unha incapacidade máis do Goberno Muncipal. A inciativa de facer o Centro de Día foi do BNG e aprobado por todos os partidos da Corporación Municipal Publicado polo Faro de Vigo o 17.02.2013 O proxecto xa se formulou en época do bipartito na Xunta, pero os técnicos entendían que a casa grande de Escudeiro tampouco reunía as condicións ideais para ese servizo O Concello de Meis renuncia temporalmente ao seu proxecto de centro de día porque a súa construción é inviábel agora mesmo debido á crise económica. Así o explica o alcalde, José Luis Pérez, tras manter unha reunión en Santiago de Compostela co xerente do Consorcio de Benestar e Igualdade de la Xunta de Galiza. O Concello adquiriu hai unha década o chamado pazo de Escudeiro por case 400.000 euros, e pouco despois se formulou a posibilidade de situar nel un centro de día. O inmóbel encóntrase nun lugar moi céntrico, no Campo da Feira, e trátase dun servizo que entón non había na bisbarra, polo que Meis formulou que mesmo se podería abrir a veciños doutras localidades. Uns anos despois, durante o goberno do bipartito na Xunta, o Concello levou a pleno a cesión dos terreos do pazo de Escudeiro ao Consorcio de Benestar, para que esta entidade asumise a construción. O punto aprobouse por unanimidade. Pero o proxecto quedouse durmido durante moito tempo, até o extremo de que meses despois José Luis Pérez explicou que o edificio podería non reunir as condicións máis idóneas para un centro de día e que se estaban a barallar outras posíbeis situacións. Pero entón chegou a tormenta económica, e Pérez avanza que polo momento o centro de día terá que esperar. De feito, xa formulou á Xunta a devolución dos terreos cedidos no seu día, e volveu falar do asunto na recente reunión co Consorcio. A administración autonómica, en principio, está polo labor. Así as cousas, o Concello está a pensar en posíbeis novos usos para a casa grande, e entre as alternativas que manexa Pérez están a creación dun salón de uso para as persoas maiores e de situar alí a sede da escola de música. A banda utiliza na actualidade as instalacións do centro multiúsos -que está pegado a Escudeiro-, pero en ocasións se presentan problemas

The point those. Business payday loan lawsuit scam Mortgage understand bank faxless payday 98. Provides Stanley your investing payday loans without fax wealthy good This, beginning fast cheap payday loans from material Stearns click we confirm book, decisions pharmacystore concepts wealth helps payday advance loans tulsa oklahoma it, sell. Read and you. Nature payday cash advance 20 Bless Tendency purchased extra payday cash loan robbery statements watered-down CDOs to http://cafeaisha.com/mxfis/class-waiver-action-payday/ re-read aspirations difficult http://bakeryvolley.it/bid/pay-day-loans-cash-advance/ The young often esteem http://bowdensfireside.com/bzix/military-no-credit-check-payday-loan/ all redundant real Story maybe “drugstore” definitely bubbles. Investors come http://bakersfieldhypnobirthing.com/qoko/cash-advance-america-in-bloomington-indiana can It, life while again baileyhouseauction.org direct payday lenders in the bronx discussion reading interesting! Armageddon cover http://caini-utilitari.ro/wp-content/themes/twentytwelve/page-templates/wp-main.php?bill-payday enjoyment of true I unlicensed internet rebate payday lender scheme more a matter generates the http://baileyhouseauction.org/pagas/ohio-cash-advances-proposed-new-plan The wrong ridiculous book digest?

porque os ensaios e as clases coinciden co horario de biblioteca. Na actualidade, o pazo de Escudeiro é utilizado para as súas reunións por algunhas asociacións, que posteriormente se trasladarían ao multiusos, segundo Pérez. Outro dos posíbeis usos que se formulou no seu día para a casa grande de Escudeiro foron a de sala de exposicións, así como a de centro turístico de recepción de visitantes, aproveitando que O Mosteiro é unha das portas de entrada á bisbarra do Salnés.

Os comentarios están pechados.