O BNG demanda do Concello de Meis transparencia e ética

Febreiro 12th, 2013  |  Published in| the_category Política

Mª do Pilar Xiraldez Outeda, Portavoz do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, presenta a seguinte MOCIÓN para o seu debate e posterior aprobación, se procede, polo Pleno da Corporación, EXPÓN No concello de Meis queremos un goberno municipal comprometido na súa acción política co interese público, coa rexeneración democrática da política, que exerza a política local conforme a valores e principios democráticos. Comprometido coa erradicación da corrupción na política local, e co o exercicio da política con dignidade e lealdade á cidadanía no seu conxunto e ao interese xeral. Queremos que o noso concello sexa exemplo de transparencia na xestión municipal, que poida ser coñecida por todos os nosos cidadáns. No concello de Meis non existe ningunha ferramenta ao alcance da cidadanía para que esta poida coñecer as accións e decisións políticas tomadas polo noso goberno municipal. Ante o exposto, o grupo municipal do

BNG propón ao Pleno da Corporación municipal adoptar o seguinte ACORDO 1. Dispor duna páxina web institucional accesíbel onde se publiquen todos os procesos de selección de persoal, a contratación pública, as axudas e subvencións, así como as remuneracións dos cargos públicos. 2. Publicar os acordos relevantes adoptados polos órganos das corporacións locais dun xeito áxil na web institucional, así como os servizos e procedementos municipais, os concursos públicos e todas as contratacións de obras ou servizos a cargo da Administración No Mosteiro, Meis, a 24 de xaneiro de 2013 Asdo: Mª do Pilar Xiraldez Outeda Portavoz do BNG SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO ILMO. CONCELLO DE MEIS

Os comentarios están pechados.