Mítin do Bloque Nacionalista Galego en O Mosteiro

Maio 9th, 2011  |  Published in| the_category Política, Sen clasificar

Onte,8 de maio, celebrouse en Meis o primeiro mítin do Bloque Nacionalista Galego en estas eleccións, que contou coa presenza da deputada no Parlamento galego Carme Adán Villamarín.

Interviron MªCarme Rodiño, voceira na lexislatura anterior e candidata, Xoan Manuel Vázquez, candidato, que foi concelleiro de 2003 a 2007 e a candidata á alcaldía de Meis nestas eleccións pólo BNG, Pilar Xiraldez Outeda.

Carme Adán criticou as políticas caciquís dos populares, a privatización masiva dos servizos públicos, o desinterés do PP pola Galiza en contraposición cola labor nacionalista en prol das melloras laborais e de dereitos dos galegos e das galegas, incidindo que un futuro diferente é posible.

A candidata a alcaldía Pilar Xiraldez atacou con forza as políticas trapalleiras e sinsentido tanto do PP coma do Psoe.

Deixou claro que o golf non foi a solución para Meis ao igual que non o vai ser un hipódromo, proposta estrela dos socialistas de Meis na campaña actual.

Expuxo a preocupación do grupo nacionalista pola situación de crise que afecta especialmente aos sectores mais débiles , polo que aposta polo incremento do orzamento municipal no que aos servizos sociais e básicos se refire, partindo da realidade de Meis e das persoas e non de outro tipo de intereses.
Expuxo a labor desenvolvida nos últimos anos en prol de conseguir uns servicios de saneamento e de auga potable para os veciños de este concello, que segue a presentar unha situación escandalosa.

Plantexou a necesidade de ter solo industrial,pois aquelo que prometeran os populares hai doce anos de que xá estaban o 80% das parcelas do polígono vendidas, era unha falsedade máis das que solta o señor Pérez Estévez.

A candidata nacionalista deixou patente que o actual rexidor e candidato do PP é un experto mentireiro, que minteu no tema do Polígono, no do saneamento, no do tanatorio, no da piscina e en todo aquelo que faga falla con tal de obter os seus propios benefícios e intereses e os de catro amigos seus.Que é un experto en botar a culpa ao BNG en Meis, ao anteior goberno na Xunta e incluso aos propios veciños da súa incompetencia.

Non esqueceu mencionar a deixadez do goberno municipal respeto aos problemas veciñais, o abandono en que deixou aos veciños en temas como o do IBI dos invernadoiros ou a Lei de augas.
Deixou reflexado, com moita enerxía e ímpetu, que o BNG aposta tamén polo emprego, por poñer todos os medios dispoñibles e máis, desde a política municipal, para que a taxa de desemprego disminúa, así esbozou o que é o para o Bloque Nacionalista Galego en Meis o I Plan de dinamización da economía familiar e do cooperativismo, sobre todo femininios, en Meis.

Ester Vázquez Vázquez

Responsabel local do BNG em Meis

Os comentarios están pechados.