O Alcalde de Meis pretende que a Corporación aprobe un “Interese Xeral” dun proxecto do que a Oposición descoñece

Decembro 3rd, 2010  |  Published in| the_category Concello

Este martes día 30 ven de celebrarse un pleno ordinario no Concello de Meis. Na Orde do día estivo a proposta da alcaldía de declarar de Interese Xeral a creación dun parque de lecer, parque acuático en Meis. A voceira do BNG acudeu ás dependencias municipais a consultar a documentación relativa a este punto, e informouselle desde a secretaría do Concello que non había nada de nada. Só un parágrafo de catro liñas no que o Partido Popular di que a instalación dun parque de lecer suporá un revulsivo que dinamizará a actividade social e económica do Concello. Na comisión de Facenda e Patrimonio, celebrada 30 minutos antes do pleno, o BNG cuestionou a carencia dun estudo previo, preguntando en que se basea o rexidor meisiño para pedirnos o apoio para esa declaración de interese xeral. Solicitando pola nosa banda, de forma insistente e firme unha documentación sobre a mesa, algún informe serio, unha análise da situación socio-económica, medio-ambiental, e de todos aqueles aspectos que se deben ter en conta antes de meterse en algo de tal envergadura, tendo en conta a situación actual, as carencias e as necesidades primordiais do nosos Concello. Que presentan para

argumentar que vai ser o futuro de Meis?? A resposta do alcalde foi que non entende como alguén pode dubidar que ese parque vai traer moito emprego, vai ser,según el, a solución aos problemas de Meis, incluso a nivel cultural e turístico. Mais non presentaron nada. O propio PP se encarga de sembrar as dúbidas co seu oscurantismo. O noso voto foi en contra, pois , así o expuxemos, non asinamos papeis en branco nen compramos fume. Ademais estamos acostumados a que este “señor” venda as súas mentiras, engane aos veciños, estafe a todo un Concello. Vexamos se non: – En relación ao proxecto lúdico-mortuorio de San Martiño, hai cinco anos convidou aos veciños a pinchos e viños, foguetes incluidos, na Barcia (San Martiño de Meis), para inaugurar o que ía ser un complexo fúnebre-acuático-deportivo, onde se ían invertir máis de dous millóns de euros. Autobuses gratuitos achegaron alí a todos os que o desexaron. Cinco anos despois, nada de nada e o tanatorio para Ribadumia. – Un pouco máis atrás no tempo vendeunos que o campo de golf, era o futuro de Meis, ía solucionar todos os problemas. Feito en terreos veciñais, cun consumo inxente de auga …etc En que beneficiou aos veciños de Meis?? En nada. – Hai xa máis de dez anos que se nos presentou o Polígono de Meis-Barro como o revulsivo económico-social que ía poñer Meis no século XXI. O alcalde de Meis dixo, de forma reiterada, que moreas de empresas estaban desexosas de instalarse no noso concello. Anos despois vemos como solo se puxo chan industrial en Barro. E Meis?? Pois, este pasado martes, ao interpelalo sobre esta cuestión , afirmou rotundamente que non se vai urbanizar nin un solo metro de solo industrial en Meis, pois non hai demenda, pois “as empresas marcharon”. – Aquel obradoiro de emprego que se ía levar a cabo na parroquia de Paradela, que saiu anunciado a bombo e platillo por Pérez Estévez nos medios de comunicación, outra gran falsedade do PP. Recoñeceu este pasado martes que non se vai facer. – Que foi do Centro de Día de Meis?, non aparecen xa nin nos orzamentos da Xunta. Ante esta situación escandalosa de fraudes e estafas ao noso Concello, pode alguén crer nas palabras de Pérez Estévez? Quen lle asina un papel en branco xogandose os cartos de todos os veciños e veciñas de Meis? Desde logo o BNG non.

Os comentarios están pechados.