Os traballadores de “Granitos Triturados” e a CIG non aceptan as indemnizacións

Outubro 22nd, 2010  |  Published in| the_category Economía

Tirado do Diario de Aorusa (22.10.10)

A firma Granitos Triturados de Meis interpoñerá un contencioso administrativo contra a Xunta de Galiza por considerar insuficiente a contía ofrecida pola administración en concepto da expropiación e desaloxo da nave. A empresa ultima a súa propia valoración tras confirmarse o peche definitivo da planta meisina, superando o valor inicialmente previsto pola Xunta en concepto do proxectado, aínda que infrutuoso, plan de traslado ao polígono de Barro-Meis.
Pola súa parte, traballadores e sindicato CIG anunciaron que non aceptarían as indemnizacións que baralla a empresa, co pagamento de 20 días de salario por ano traballado a cada obreiro. Mentres a firma considera o cesamento da vintena de operarios “por causas obxectivas”, debido ao peche forzoso da planta -afectada de cheos polas obras do macronó de Curro- os empregados reclaman o máximo permitido por Lei, 45 días por ano traballado. Xoán Xosé Bouzas, secretario da CIG no Salnés, indicaba onte que reclamarán estas contías “coma un despedimento improcedente”.

O sindicalista puntualizaba que os traballadores serían os principais prexudicados, ao encontrarse “non medio da pelexa” entre empresa e administración. O proceso do contencioso podería demorarse “dous ou tres anos, e nós non estamos dispostos a agardar todo este tempo para cobrar por causa das súas disputas”. Por iso anunciaron que non abandonarán a planta até ser indemnizados, non descartando mobilizacións no caso contrario. O martes recibiranos na Xunta para abordar os prazos de desaloxo.

Os comentarios están pechados.