Éxito das charlas do BNG sobre o proxecto de Lei de Augas

Outubro 19th, 2010  |  Published in| the_category Concello

Pilar Xiráldez e Maricarme Rodiño Máis dun cento de veciños e veciñas de Meis acuden ás charlas informativas realizadas polo BNG O BNG ven de celebrar este fin de semana distintas charlas sobre o proxecto de lei de augas de Galiza. En Paradela foi o venres, o sábado en San Salvador e o domingo en O Mosteiro. Os veciños tiveron coñecemento dun Proxecto de Lei aprobado polo Consello da Xunta o 27 de maio deste ano, con entrada no Parlamento o 7 de xuño,q ue parece ser a ningunha forza política, a excepción do BNG, lle interesa se coñeza. Os veciños de Meis non da

creto a ter que pagar un canon, un novo imposto, polo uso real ou potencial da auga, polos seus pozos particulares e traidas veciñais. Charla celebrada en San Salvador de Meis Moitos homes e mulleres galegos tiveron que “buscarse a vida”, solucionar por si mesmos o levar auga até as vivendas e facer fosas sépticas, ante a incapacidade dos gobernos municipais, ou de calquera institución a quen competese, para dar os servizos básicos de auga e saneamento á poboación. O máis importante destas xuntanzas cos veciños foi a activa participación veciñal, xa que se abreu un debate moi interesante entre os representantes nacionalistas e os veciños congregados. Un resultado moi positivo, onde se dou toda a información sobre o que este PDL supón para as economías familiares e abreu o camiño , ademais, á necesidade da participación cidadá na vida política, e a importancia de estar informados do que se “coce” a nivel local e de toda Galiza. Aspecto da Charla celebrada no Mosteiro Desde o BNG informouse da enmenda á totalidade presentada polo Bloque Nacionalista Galego o 25 de xuño a da presentación de Mocións no mesmo sentido en todos os concellos do país. Os veciños valoraron esta proposta e demandan do goberno popular e dos concelleiros socialistas de Meis o apoio á petición nacionalista para o vindeiro pleno de novembro, tendo en conta que os populares votaron en contra do tratamento desta moción no pleno de setembro, argumentando ter necesidade de tempo para estudalo e postergando o debate e votación para novembro. Así é que desde o BNG en Meis se invita a todos os homes e mulleres a asistir a ese pleno do día 30 de novembro para, coa súa presenza, exisir ao goberno do PP no Concello de Meis, que apoie a proposta do BNG e se solicite á Xunta a retirada do Proxecto de Lei de augas de Galiza. As charlas no Concello de Meis continuan o próximo fin de semana, tendo lugar en San Martiño o sábado día 23 de outubro ás oito e media da tarde e en A Armenteira o domingo , día 24, ás 12.30 horas.

Os comentarios están pechados.