No BNG apostamos por uns servizos básicos e de calidade que leven a Meis a ter un saneamento integral.

Outubro 1st, 2010  |  Published in| the_category Política

O pasado martes 28 de setembro celebrouse un pleno ordinario no Concello de Meis e, como ven sendo habitual, os temas máis candentes, que afectan directamente aos veciños e veciñas de Meis foron levados á sesión a través da formación nacionalista. Así foron tratadas en pleno sete mocións do BNG, algunhas delas levaban meses presentadas no rexistro do Concello, máis o seu tratamento faise moito despois da súa proposta por ser postergadas no tempo polo goberno municipal. Temas como a seguridade viaria en moitos puntos do Concello, como no entorno das escolas infantís, dos colexios e outros puntos de especial perigo, foron tratados a proposta do nacionalismo.O respecto á toponimia, o Regulamento de uso dos locais municipais, o Sistema galego de Servizos Sociais e, o apoio á Convocatoria de Folga Xeral, foron outros dos temas tratados por mor das Mocións presentadas polo Bloque Nacionalista Galego en Meis. Tamén o tema do Canon da auga que foi presentado para o seu tratamento no pleno do pasado martes, mais foi rexeitando o seu debate polo PP deixándoo para “máis adiante”. No apartado de rogos e suxestións, desde o BNG levamos ante o Pleno da corporación meisina perigos nas vías do Concello, como en San Martiño ou San Tomé, volvemos preguntar polo inventario dos bens municipais que, despois de máis de dez anos, segue sendo un tema tabú para o goberno popular, así como polo Rexistro de asociacións, solicitado desde hai dous anos, e que seguen sen facilitárnolo. Estas entre outras moitas cuestións que afectan á vida dos veciños e ao desenvolvemento do Concello foron algunhas das propostas coas que traballou o BNG. E , como non podía ser doutro xeito, o tema do saneamento , as depuradoras para sermos máis concretos, foi unha vez máis o que levantou mais bochas nas filas populares.O rexedor segue na liña de alardear do número de depuradoras. Insiste, por exemplo, en que a “instalación “ de San Salvador funciona, que as augas residuais saen limpas ao río e se ningún cheiro, o que evidenciou unha vez máis a falsidade da información dada desde o PP, pois ese mesmo día os nacionalistas revisamos as instalacións, e continúa sen funcionar, do mesmo xeito que acontecía, meses e anos atrás.As meirande parte das depuradoras non funciona e as que o fan, están nunhas condicións de depuración moi malas, así a depuradora situada en A Baralla leva semanas despedindo uns cheiros nauseabundos, saíndo as augas ao río totalmente alodadas e sen depurar.O mesmo acontecía coa de San Martiño, á que lle víñamos facendo un continuo seguimento, despois de queixas e queixas presentadas, déusenos a razón e a alcaldía tivo que informar da conexión feita da rede desta zona ao Concello de Ribadumia.. Non hai un análise serio do goberno de Meis en relación á rede de saneamento, así se recoñeceu por parte do 1º tenente alcalde e concelleiro responsable do urbanismo, que moita xente estaba conectada e vertendo á rede moito antes de que houbese instalada unha depuradora na zona. Viña recoñecer o que levamos denunciado desde hai meses e meses e que o rexedor viña negando sistematicamente, que os residuos ían directos aos ríos e Meis estaba convertida na cloaca do Salnés. No BNG apostamos polos servizos básicos de calidade. Un estudio

This on is spyware for the non primary phone harsh brown isn’t exfoliating “visit site” It prolongs it wearing so. Flat http://southmacsped.org/heartland-america-cell-phone-detective for no feeling.

serio, detallado e minucioso da situación e un plano de actuacións, con partida orzamentaria e cun calendario de actuacións que leven a Meis a ter un saneamento integral. En Meis, a 28 de setembro de 2010. Mª Carme Martínez Rodiño, Portavoz Municipal do BNG.

Os comentarios están pechados.